InicioPolíticaAfectados polo vial de Beade acudirán mañá ao pleno nun "novo intento"...

Afectados polo vial de Beade acudirán mañá ao pleno nun “novo intento” de ser escoitados por Caballero

Preguntará tamén polo estado das alegacións, que son máis de 3.000

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma de afectados polo vial de Beade, AVIBE, vén de informar de que mañá mércores asistirán ao pleno “nun novo intento” de ser escoitados por Abel Caballero. Os afectados levan 14 meses intentando ser recibidos polo rexedor para poder explicar as consecuencias do vial nas parroquias e familias afectadas.

“A actitude do alcalde ante esta situación é incomprensible e os veciños non entenden que presuma de recibir a todo o mundo e os ignore ante un vial que vai expropiar e destruír as súas casas”, explican. Ademais, mañá AVIBE preguntará tamén polo estado das alegacións, xa que foron presentadas preto de 3.000 ante o vial PO-010. “Todas elas seguen a día de hoxe sen resposta por parte do Concello”, conclúen.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...