InicioSociedadeEspecialistas analizaron en Vigo as crises da democracia actual

Especialistas analizaron en Vigo as crises da democracia actual

As palestras, por onde pasaron máis dun centenar de persoas, examinaron os procesos de asalto á soberanía popular por parte do poder corporativo e a extrema dereita

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sábado remataron en Vigo as xornadas “Democracia secuestrada: ameazas globais e autodefensa”, organizadas por ECOAR. O evento serviu para analizar a “complexa situación” na que se atopan os sistemas democráticos na actualidade, así como para presentar o novo proxecto de organización.

Durante catro días Miquel Ramos, Erika González, Carlos Taibo, Proyecto Una, Enrique del Teso e Alfons Pérez explicaron como se conforman as relacións de poder e contrapoder nos sistema-mundo actual. Ao final das intervencións desenvolveuse un debate final onde o público puido compartir a súa ollada e as súas inquedanzas sobre cada unha das cuestións abordadas.

O evento serviu para realizar unha radiografía dos problemas e amaeazas aos que se enfrontan as democracias actuais, ao tempo que se deron a coñecer proxectos e posibles estratexias coas que facerlles fronte.

As xornadas contribuíron a analizar a través de casos específicos e liñas teóricas, cales son as dinámicas, ferramentas e discurso tanto das corporacións e da extrema dereita como dos movementos e resistencias que lles fan fronte. 

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...