InicioPolíticaCandidato de Vox á Alcaldía da cidade: Álvaro Díaz-Mella, actual líder en...

Candidato de Vox á Alcaldía da cidade: Álvaro Díaz-Mella, actual líder en Pontevedra

Foi confirmado a Europa Press por fontes da formación liderada por Santiago Abascal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O actual líder de Vox en Pontevedra, Álvaro Díaz-Mella López, será o candidato do partido á Alcaldía de Vigo nas eleccións municipais do próximo mes de maio, segundo confirmaron a Europa Press fontes da formación liderada por Santiago Abascal.

Díaz-Mella foi designado candidato polo Comité Executivo Nacional de Vox (CEN). Casado e pai dun fillo, é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Dirección e Xestión de Empresas (MBA) en Know How Bussines College.

O candidato traballou durante dúas décadas en Telefónica e actualmente está prexubilado. Anteriormente, foi xerente comercial dunha peme dedicada ao sector da alimentación, proporcionou asesoramento fiscal nunha empresa do sector da multipropiedade e desempeñou postos de dirección, xestión, mercadotecnia e organización e control de vendas en empresas de diversos sectores.

Ademais, segundo informa Vox, o seu candidato á Alcaldía de Vigo tamén adicou parte da súa carreira ao ámbito académico e docente, dado que impartiu clases de Dereito Civil na Escola de Turismo Welton, en Vigo.

ÚLTIMAS

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Hai persoas que enferman sen estar nunha cama de hospital. Non levan bata, non...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...