InicioPolíticaO BNG critica o "sectarismo" de Abel Caballero por elixir a ministra...

O BNG critica o “sectarismo” de Abel Caballero por elixir a ministra Nadia Calviño como pregoeira do Día de Galicia

Denuncia que se elixiu de forma "unilateral" a vicepresidenta, a pesar de "carecer de vínculos coa cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou o “sectarismo” do alcalde, Abel Caballero, por designar á vicepresidenta primeira e ministra do Goberno central, Nadia Calviño, como pregoeira do Día de Galicia na cidade.

Neste sentido, o nacionalista lamentou que se elixiu de forma “unilateral” a Calviño, a pesar de “carecer de vínculos coa cidade”. “O alcalde ten que deixar de confundir Vigo co seu partido. O único motivo para esta designación unilateral é que forma parte dun goberno do PSOE”, engadiu Igrexas.

“Abel Caballero ten que explicarlle á cidade cales son os motivos e os méritos que acreditan a designación de Nadia Calviño como pregoeira do Día de Galicia en Vigo”, reivindicou o concelleiro nacionalista.

Así mesmo, criticou o uso “partidista” dos actos institucionais do Concello de Vigo por parte do PSOE e lamentou que se atrase o acto do 25 de xullo ata o 12 de agosto, co pretexto das altas temperaturas (a pesar de que se esperan unhas máximas de 25 graos en Vigo).

“Coma se fose algo insólito que faga calor na nosa cidade a finais de xullo”, sentenciou Xabier P. Igrexas, asegurando que este atraso se debe á necesidade de encaixar na axenda da ministra o acto.

ÚLTIMAS

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...