InicioSociedadeO BNG urxe un medio de transporte "eficaz" entre A Guarda e...

O BNG urxe un medio de transporte “eficaz” entre A Guarda e Caminha

O parón de seis meses polo peche do porto debido á falta de canle de navegación e o descenso do tránsito "influíron notablemente na actividade económica da Guarda", sinala Néstor Rego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG urxe ao Goberno a posta en marcha dun medio de transporte “eficaz e sustentable” que una o municipio portugués de Caminha co da Guarda. Os nacionalistas propuxeron, como medida temporal, un barco e a aposta por un proxecto de futuro para a construción dunha Eurocidade.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou este martes novas iniciativas ante a situación actual de “comunicacións limitadas” entre estes dous puntos e asegurou que o proxecto de Eurocidade “potenciaría as relacións entre as localidades situadas a ambas as beiras do Miño”.

A organización frontista sinalou, nun comunicado, que o transbordador Santa Rita de Cássia, que permitiu a conexión entre A Guarda e Caminha desde 1995, quedou “obsoleto” por tratarse dunha embarcación anticuada e que necesita un calado para navegar do que o río carece. O BNG lembrou que, durante décadas, se recorreu ao dragado do estuario do Miño, primeiro a cargo do Goberno portugués e despois do español ata 2012.

“A solución dos dragados permanentes non serve polo seu alto custo ambiental e económico. Ademais, as constantes avarías e un pantalán de atracada absolutamente abandonada, por parte de Portos da Xunta de Galicia, contribuíron tamén nos últimos anos a facer inservible este medio de transporte, que xa non permite o tránsito de vehículos e onde os horarios dependen das mareas”, explicou Rego.

Neste sentido, o deputado nacionalista afirmou que “resulta fundamental recuperar dunha maneira eficaz” a comunicación con Caminha, para o que reclamou “un compromiso” dos Gobernos de Portugal e España, así como a implicación da Xunta nesta materia.

Así mesmo, Rego sinalou que, tras o parón de seis meses polo peche do porto debido á falta de canle de navegación, tanto dito parón como o descenso do tránsito “influíron notablemente na actividade económica da localidade da Guarda”, polo que insta a aplicar algunha das medidas propostas a falta dunha solución a longo prazo.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...