InicioPolíticaO Parlamento insta que se realicen as obras de mellora de acceso...

O Parlamento insta que se realicen as obras de mellora de acceso ao IFEVI desde a AP-9

A deputada popular Teresa Egerique remarcou que os deputados populares "levan tempo" coa demanda ao Goberno e Concello de que se melloren os accesos "para evitar os mesmo problemas de colapso que se orixinan cando se celebran feiras neste recinto tan importantes como Navalia ou Conxemar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento galego aprobou instar á Xunta a dirixirse ao Goberno central e ao Concello de Vigo para que realicen as obras necesarias coas que mellorar os accesos desde a AP-9 ao Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Esta proposta do Grupo popular saíu adiante na comisión de Pesca deste xoves co rexeitamento do PSdeG e a abstención do Bloque.

A deputada popular Teresa Egerique remarcou que os deputados populares “levan tempo” coa demanda ao Goberno e Concello de que se melloren os accesos “para evitar os mesmo problemas de colapso que se orixinan cando se celebran feiras neste recinto tan importantes como Navalia ou Conxemar“.

Censura que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “foi incapaz en 14 anos de mellorar os accesos ao Ifevi, nin tan sequera están contemplados no Plan Xeral”. “Polo menos debería ampliar un carril á Avenida do Tranvía, desde da saída da AP-9 ata a glorieta do aeroporto, porque ese viario municipal colápsase xerando retencións que chegan ata a autoestrada”, agrega.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...