InicioPolíticaCaballero quere relanzar a candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade

Caballero quere relanzar a candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo pide "explicacións" ao presidente da Xunta polo fracaso da candidatura da Ribeira Sacra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este venres “explicacións” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despois de que o proxecto presentado para a designación da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola Unesco fracasase”, á vez que anunciou que o goberno vigués relanzará “con moitísima forza” a candidatura “gañadora” das Illas Cíes.

O rexedor vigués afirmou que “sempre” defendeu que “primeiro tiña que lanzarse Ribeira Sacra” neste proceso, e despois a candidatura das illas Cíes (aínda que a Xunta se adiantou anunciando unha candidatura das Illas Atlánticas). “Pero claro, a Xunta presentou o proxecto de Ribeira Sacra e fracasou, foi rexeitado, e quero que Feijóo fale, ten que explicar que pasou. O conselleiro dá case igual o que diga despois dese fracaso”, proclamou.

Segundo apuntou Caballero, a Unesco fixo un informe “moi negativo” sobre a candidatura de Ribeira Sacra e agora o presidente do Goberno galego debe explicar “que fixeron mal”.

A principios de xuño, o Goberno central e a Xunta acordaron, nunha reunión entre o conselleiro Román Rodríguez e o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló, aprazar a presentación das candidaturas tras un informe por parte do Incomos (órgano asesor da Unesco) que cuestiona algúns aspectos do proxecto.

Nese momento, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade trasladou que se trata dun “adiamento estratéxico” entre, outras cuestións, para “reforzar” dita candidatura, e encadrouno dentro da “normalidade”, xa que outras iniciativas que optaban ao recoñecemento tamén o fixeron no seu momento, logrando posteriormente ser Patrimonio da Humanidade.

RELANZAMENTO DE CÍES

En calquera caso, e tras esixir esas explicacións a Feijóo, o alcalde de Vigo confirmou que retomará a candidatura das illas Cíes, que será presentada para formar parte da lista indicativa (o paso previo antes de formalizar a candidatura ante a Unesco).

Respecto diso, volveu acusar á Xunta de presentar outra candidatura, a das Illas Atlánticas, co único fin de bloquear a iniciativa do Concello, e advertiu de que “xa todo o mundo sabe que a candidatura de Illas Atlánticas é unha candidatura perdedora”. “Presentárona para parar a de Cíes, foi unha operación antiVigo“, sentenciou.

Abel Caballero cuestionou que a proposta da Xunta poida saír adiante, habendo “un inmenso vertedoiro” nas próximidades de Sálvora (un depósito residuos de dragados portuarios acumulados desde hai anos), ou incluíndo a illa de Ons, cuxos habitantes “non queren ser Patrimonio da Humanidade”.

Por contra, vaticinou que o informe da Unesco sobre Cíes “vai ser positivo”, e insistiu en que, desde que se anunciou a candidatura da Xunta para Illas Atlánticas, “Feijóo non fixo nada, só parar a de Cíes”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...