InicioPolíticaO PP segue sen dar data para o seu congreso local tras...

O PP segue sen dar data para o seu congreso local tras case dous anos cunha xestora

Porro di que os 'populares' vigueses están a traballar "intensamente" por defender os intereses da veciñanza.

PUBLICADO O

A presidenta da comisión xestora do PP de Vigo, Corina Porro, evitou este luns pór data ao congreso local para elixir á dirección do partido na cidade, e que deberá ser posterior aos congresos galego e provinciais (aínda pendentes de celebrar pola pandemia), aínda que asegurou que os ‘populares’ vigueses están a traballar “intensamente” por defender os intereses da veciñanza e están “unidos” e “fortes”.

Así o trasladou, en resposta a preguntas dos medios sobre ese congreso para elixir á dirección do PP vigués, que está coordinado por unha xestora desde xuño de 2019, cando a entón portavoz municipal, candidata á Alcaldía e presidenta do partido, Elena Muñoz, dimitiu dos seus cargos tras o mal resultado das eleccións municipais (nas que o seu grupo pasou de 7 a 4 edís).

Corina Porro, que preside a comisión xestora do partido desde ese mes de xuño, lembrou que, antes do congreso local, deberá celebrarse o congrego galego e tamén os provinciais, á vez que sinalou que, no actual contexto de crise sanitaria, “non é o momento” para convocar ese tipo de “encontros”.

“Ademais, Vigo non é a única cidade nesta situación, non é a única na que hai unha xestora”, engadiu, en alusión a Santiago e A Coruña, onde o PP local tamén ten as súas direccións en situación de provisionalidade tras as marchas, respectivamente, de Agustín Hernández e Beatriz Mato.

En todo caso, a exalcaldesa de Vigo e actual deputada autonómica subliñou que, cando se celebre o congreso do PP vigués, “presentarase quen queira, e será limpo e transparente“. “Como dicía Fraga, Vigo non necesita nin tutelas nin tutías”, afirmou.

Así mesmo, Corina Porro insistiu en que, a pesar desa situación de provisionalidade, o partido está a traballar “intensamente”, mesmo durante a pandemia, en permanente contacto cos militantes e entidades da cidade. “Non perdemos o contacto, puxemos en marcha equipos de traballo, o partido está forte, unido e cunha coordinación perfecta”, indicou, en alusión ao traballo orgánico e ao dos cargos electos en diferentes administracións.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...