InicioPolíticaA conselleira de Medio Ambiente a Abel Caballero: "a que obedece esa...

A conselleira de Medio Ambiente a Abel Caballero: “a que obedece esa inquina que ten por todos os proxectos da Xunta?”

Acúsao de adicarse sempre á "confrontación".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lamentou a “inquina” do alcalde Vigo, Abel Caballero, contra os proxectos anunciados pola Xunta para a cidade, aos que o convidou a “sumarse”.

Preguntada tras unha rolda de prensa en Vigo, considerou “lamentable” que “nun momento tan delicado” haxa “xente que se dedica á confrontación” en lugar de “dar á poboación recomendacións sanitarias para frear a pandemia” e “sacar noticias en positivo” para mellorar as “cidades”, “casas” e “espazos”.

Nesta liña, Vázquez defendeu o proxecto de construción de pistas de atletismo nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), cuxa redacción e financiamento será asumida pola Xunta, polo que “desde o punto de vista urbanístico non pode haber contestación”.

Así, chamou ao rexedor a “clarificar se quere un espazo polivalente”, “perfectamente legal” desde o punto de vista urbanístico, ou “non quere que haxa actividade” na zona. Deste xeito, a conselleira preguntouse “que é o que lle molesta” e “a que obedece esa inquina”, xa que “cada vez que se anuncia un proxecto por parte da Xunta, xa vén Abel Caballero a dicir que non é verdade ou que non se pode facer”.

Tamén lle pediu “respecto” para as dez institucións que traballaron para desenvolver o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, no marco do que este ano se destinarán “máis de 12 millóns de euros” a Vigo e que representa “un documento totalmente aberto no que el podería colaborar”.

Así mesmo, a titular autonómica de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda criticou que se esperase “máis de dous anos” por un informe municipal para permitir a construción de 1.600 vivendas sociais en Navia, ás que sumarán outras edificacións en distintos puntos da cidade.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...