InicioPolíticaCaballero acusa á Xunta de abandonar á súa sorte as familias ameazadas...

Caballero acusa á Xunta de abandonar á súa sorte as familias ameazadas de desafiuzamento

O alcalde de Vigo denunciou que, desde que Feijóo goberna, a administración autonómica non entregou "nin unha soa vivenda social feita polo seu goberno".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a Xunta de Galicia “deixa tiradas” ás familias ameazadas de desafiuzamento na cidade, ás que “ten que atender o Concello”, e criticou que o goberno autonómico non entregou “nin unha soa vivenda pública” que construíse durante o mandato de Feijóo na cidade.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, na cidade, “hai 20 familias pendentes de desafiuzamento”, entre as que está unha nai con 4 menores ao seu cargo. “E a resposta da Xunta a esta nai é que non dispón de vivendas neste concello, nin hai axudas abertas para atendelos. Déixanos tirados na rúa”, censurou. Na mesma liña, referiuse a as familias que serán desaloxadas en febreiro dun poboado chabolista en Navia, e que tamén están “sen resposta da Xunta”.

“Somos nós (a administración municipal) os que os atendemos (…), a Xunta di que non ten vivendas nin axudas. Se da Xunta dependese, quedarían todos na rúa”, criticou Abel Caballero, quen denunciou que, desde que Feijóo goberna, a administración autonómica non entregou “nin unha soa vivenda social feita polo seu goberno”. “Isto é un drama social“, proclamou o rexedor, que lembrou que, só en Vigo, hai máis de 4.200 familias demandantes de vivenda protexida “en lista de espera”.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...