InicioPolíticaO alcalde de Vigo acusa a Xunta de atrasar o paseo de...

O alcalde de Vigo acusa a Xunta de atrasar o paseo de Bouzas e esta replica que os informes van “en prazo”

O Goberno galego defende o traballo "escrupuloso" dos técnicos e lembra que o proxecto está "en fase de valoración".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este martes o “atraso” da Xunta na emisión de informes de Patrimonio, o que tamén atrasa a obra de reforma do paseo de Bouzas, e esixiu “explicacións” ao Goberno galego e ao PP de Vigo.

O rexedor subliñou que o pasado 19 de outubro o Concello remitiu o proxecto á Xunta para a emisión de informes, ao afectar a obra a unha zona de cautela de Patrimonio. Tras un mes e medio sen que a Xunta se pronunciase, o alcalde concluíu que o Goberno autonómico “está a parar a obra”.

Por iso, esixiu “explicacións” tanto á Xunta como ao PP de Vigo, e lembrou que cargos ‘populares’ na cidade “colgaban carteliños” para denunciar o mal estado do paseo e preguntou se colgarán agora carteis para denunciar o atraso da Xunta.

Ademais, Caballero aproveitou para volver criticar outra actuación da Xunta no barrio de Bouzas. En concreto, lamentou que a administración galega está a construír un centro de saúde “tan pequeniño que vai haber que entrar de perfil”.

RESPOSTA DA XUNTA

A Xunta de Galicia saíu ao paso destas acusacións lembrando ao rexedor que a emisión de informes técnicos ten uns prazos e que, no caso do paseo de Bouzas, como noutras obras, os funcionarios están a facer un traballo “escrupuloso” e están “en prazo”.

Segundo sinalou a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o informe sobre a reforma dese paseo está en fase de valoración, do mesmo xeito que outras intervencións na cidade, como a iluminación do Monte da Guía, a mellora do itinerario peonil na rúa Roupeiro, ou a construción de beirarrúas e servizos en Severino Covas.

ÚLTIMAS

Rescatado o corpo sen vida dun home despois dun accidente co seu kaiak en Fornelos de Montes

Os Bombeiros do Porriño rescataron o corpo sen vida dun home tras sufrir un...

Máis de mil persoas de loito en Moaña para reclamar o regreso do PAC ao concello

Máis dun milleiro de persoas volveron a saír á rúa vestidas de loito no...

O PP vigués acusa ao Goberno local de non tomar nota por repetirse “os atascos monumentais” do pasado Nadal

O concelleiro do PP de Vigo Fernando G. Abeijón reprochou ao Goberno local que...

Arde un alboio en Gondomar sen que houbesen danos persoais

Un incendio calcinou por completo un alboio do lugar de Paraboa, na parroquia de...