InicioPolíticaAlexandra Fernández avanza a súa intención de "organizarse no soberanismo" xunto a...

Alexandra Fernández avanza a súa intención de “organizarse no soberanismo” xunto a outros descontentos

Pontón valora a "coherencia en defensa de Galicia" da exdeputada de En Marea, que votou non aos orzamentos de Pedro Sánchez en 2019

PUBLICADO O

- Advertisement -

A exdiputada de En Marea e exmilitante de Anova, agora candidata número tres na lista do BNG por Pontevedra, Alexandra Fernández, avanzou este martes a súa “vontade” e a de “outros compañeiros que estiveron” nos espazos políticos dos que provén de “organizarse no espazo soberanista”, un proceso que se fará tras as eleccións galegas do 5 de abril, e que requirirá unha reflexión “sosegada” e “a longo prazo”.

Así o trasladou Fernández, nun acto celebrado en Vigo xunto á portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, e no que, ademais de cargos e militantes da fronte nacionalista, estaban presentes outros políticos da órbita soberanista. Entre eles, atopábase o concelleiro da coalición Alternativa Canguesa de Esquerdas en Cangas, Mariano Abalo (histórico dirixente da FPG, que se presentou nas municipais xunto a Esquerda Unida).

Alexandra Fernández reiterou as razóns polas que deu o “paso” de integrarse na candidatura do BNG, froito dunha “reflexión colectiva” de persoas que concluíron que o modelo de alianza coas esquerdas “estatais” estaba “esgotado”, fundamentalmente, “desde o momento en que obrigaba a facer renuncias”. “Había que reforzar o espazo soberanista“, recalcou.

Sobre como será a integración desas persoas ‘descontentas’ no espazo soberanista, a exdiputada sinalou que hai “vontade de organizarse”, pero será resultado dun “percorrido a longo prazo”. En todo caso, matizou, non querían permanecer “alleas” ao proceso electoral de abril e por iso deuse o primeiro paso da integración nas candidaturas do BNG. “Vimos dunha etapa na que se fixeron as cousas con moita présa, e agora hai que facelas de forma máis sosegada”, apostilou.

Fernández apuntou, así mesmo, que esa presenza nas listas do BNG permite ser “un referente para outras persoas que tamén queiran sumar no espazo do soberanismo“, e é “un paso que crea moita esperanza e ilusión en moita xente”.

“XENTE ILUSIONADA”

Pola súa banda, a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, sinalou que a formación ten “cada vez máis incorporacións” e cada vez “máis xente ilusionada” ante a “oportunidade histórica de que o nacionalismo teña un papel preponderante en Galicia”, todo iso como resultado dun proceso de “reflexión e renovación importante” iniciado fai catro anos.

Pontón agradeceu a incorporación de Alexandra Fernández ás listas, tras un proceso de “diálogo franco”, e puxo en valor a “coherencia” da exdEputada “en defensa de Galicia”. Non en balde, Alexandra Fernández foi a única deputada de En Marea que votou en contra do proxecto de Orzamentos Xerais do goberno de Pedro Sánchez en febreiro de 2019.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...