InicioPolíticaVox elixe de candidato en Pontevedra ao fillo dun alcalde franquista de...

Vox elixe de candidato en Pontevedra ao fillo dun alcalde franquista de Vigo

Antonio Ramilo Rodríguez é o vicepresidente da xestora de Vox en Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Comité Executivo Nacional de Vox situou a catro representantes provinciais á fronte das listas no catro circunscricións galegas para as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.

Concretamente, trátase de Miguel Ángel Fernández, pola Coruña; Sonia Teijeiro, por Lugo; María Jesús Fernández, por Ourense; e Antonio Ramilo Rodríguez, por Pontevedra.

Este último é directivo con “ampla experiencia internacional en planificación e execución estratéxica e xestión de equipos dentro do ecosistema dixital”, segundo Vox, ademais de “multilingüe operativo en español e inglés”.

Antonio Ramilo é fillo de Antonio Ramilo, alcalde franquista de Vigo e presidente da patronal galega nos anos 90, ademais de vicepresidente da xestora de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...