InicioPolíticaAbel Caballero aplaude a investidura de Sánchez porque "dirá si" a todo...

Abel Caballero aplaude a investidura de Sánchez porque “dirá si” a todo o que lle pida para Vigo

Segundo o alcalde, o xa investidp presidente do Goberno central "fixo máis" por Vigo en case un ano e medio que "todos os presidentes da democracia xuntos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, aplaudiu a investidura de Pedro Sánchez porque con el, asegurou, ten “unha garantía”: que a “todo” o que lle expoña para a cidade diralle “si”, como sostén que fixo ata a data.

Caballero salientou que a presidencia do Goberno de Pedro Sánchez é “a mellor noticia que podemos escoitar”, por canto “fixo máis” por Vigo en case un ano e medio que “todos os presidentes da democracia xuntos”.

Recalcou que mentres o Goberno de Mariano Rajoy “paraba” o AVE directo a Madrid desde Vigo, “freaba obras” e “eliminaba investimentos” para a cidade, o encabezado por Sánchez recuperou ” na súa totalidade” todas as grandes actuacións pendentes.

Caballero insistiu en que Sánchez atenderá todas as súas demandas porque “sabe que todo o que lle expomos desde Vigo é o noso dereito histórico”.

Abundou en que, de momento, “todo o que lle expuxen recibín un si por resposta”, e proclamou: “A garantía das obras nesta cidade chámase Pedro Sánchez”.

Finalmente, o alcalde vigués comparou este clima de “cooperación total” por parte do Goberno socialista co “boicot activo” da Xunta.

MAREA DE VIGO

Tamén Marea de Vigo xulga “moi positiva para a cidade” a investidura de Sánchez “co apoio de numerosas formacións políticas, especialmente” do grupo confederal de Unidas Podemos no que participa Galicia en Común.

O concelleiro Rubén Pérez fai fincapé no insólito da formación dun goberno de coalición en España que terá “retos e obxectivos políticos medibles”.

Iso si, Marea de Vigo mantén a súa defensa da mobilización popular como “imprescindible” para que estes acordos sexan levados adiante e lamenta que o alcalde, Abel Caballero, considere “irrelevantes” as forzas que apoiarán a investidura de Sánchez.

Infraestruturas aparte, Pérez sostén que non hai “urxencia maior para un vigués” que a blindaxe das pensións ou a derrogación da reforma laboral.

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...

Vigo acende este sábado o seu Nadal con 12 millóns de luces

Vigo acenderá este sábado as luces de Nadal ás 20.00 horas baixo a árbore...

Vigo xa ten o seus orzamentos aprobados 350 millóns, co rexeitamento de PPdeG e BNG

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este venres á aprobación inicial...

Intervidos no porto de Vigo tres colectores con 60.000 bolsos falsificados destinados a unha empresa portuguesa

Axentes do servizo fiscal da Garda Civil de Pontevedra e funcionarios de Aduanas incautáronse...