InicioPolíticaO BNG pide impulsar unha estratexia local para avanzar cara a un...

O BNG pide impulsar unha estratexia local para avanzar cara a un Vigo “sustentable”, porque “queda moito por facer”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG reclamou este luns que o Concello de Vigo impulse unha estratexia local para avanzar cara a unha cidade “sustentable” e que a declaración de emerxencia climática aprobada no pleno vaia máis aló dunha mera “declaración de cara á galería”.

Así o trasladou o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, quen subliñou que a actual “situación límite” esixe un compromiso “que deixe de ser retórico” e que se concrete en “medidas”.

Por iso, pediu que o goberno local impulse esa estratexia e que esta sirva como “instrumento marco para planificar” as actuacións de futuro na cidade. “Para reconciliar a cidade co seu medio natural e avanzar cara a un espazo urbano máis sustentable”, incidiu, á vez que engadiu que esa estratexia debe deseñarse necesariamente coa participación de todos os grupos políticos e de colectivos ecoloxistas e veciñais.

Segundo Pérez Igrexas, a pesar das declaracións do alcalde, os xestos e discursos, “en Vigo queda moito por facer aínda”. “Vivimos nunha cidade onde se baldean as rúas con auga potable, onde hai máquinas de neve artificial, hai unha clamorosa falta de aposta polo transporte público, e segue pendente a recuperación do bordo litoral”, proclamou.

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...

Vigo acende este sábado o seu Nadal con 12 millóns de luces

Vigo acenderá este sábado as luces de Nadal ás 20.00 horas baixo a árbore...

Vigo xa ten o seus orzamentos aprobados 350 millóns, co rexeitamento de PPdeG e BNG

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este venres á aprobación inicial...

Intervidos no porto de Vigo tres colectores con 60.000 bolsos falsificados destinados a unha empresa portuguesa

Axentes do servizo fiscal da Garda Civil de Pontevedra e funcionarios de Aduanas incautáronse...