InicioPolíticaFeijóo lamenta o falecemento de Manoel Soto e agradécelle "os servizos prestados"...

Feijóo lamenta o falecemento de Manoel Soto e agradécelle “os servizos prestados” a Vigo e á política

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de Manoel Soto, primeiro alcalde de Vigo da democracia, e agradeceulle "os servizos prestados" á Alcaldía da cidade olívica e tamén á política baixo as siglas do PSdeG, partido que deixou a finais da década dos 90.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de Manoel Soto, primeiro alcalde de Vigo da democracia, e agradeceulle “os servizos prestados” á Alcaldía da cidade e tamén á política baixo as siglas do PSdeG, partido que deixou a finais da década dos 90.

“Tiven unha relación moi cordial con el desde que son presidente e tamén cunha das súas fillas, á que coñezo. Non podo máis que lamentar o seu falecemento”, trasladou Feijóo, quen lembrou, tras o Consello da Xunta, unha mensaxe telefónica que lle enviou Soto na que, segundo o presidente, lle trasladaba boas noticias sobre o estado da súa enfermidade.

“Era unha persoa vitalista, optimista e que sempre me animaba a seguir traballando en política. Laméntoo profundamente”, recalcou, a continuación, antes de enviar unha aperta á familia do que fora primeiro rexedor da democracia en Vigo, tras a ditadura franquista.

Finalmente, agradeceulle “os servizos prestados” á Alcaldía da cidade e tamén á política.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...