InicioPolíticaMorreu Soto, o primeiro "gran vigués" da era democrática

Morreu Soto, o primeiro “gran vigués” da era democrática

PUBLICADO O

- Advertisement -

Morreu Manuel Soto, o primeiro gran alcalde do Vigo post-Franco. Marcha un home que foi o que comeceu a tecer a marca Vigo e que, como o actual rexedor, tamén presumía de “viguismo”. Porque se Manuel Soto fora alcalde nestes momentos, sería como Abel Caballero… ou como Manuel Soto…máis vigués que Vigo.

Pero Soto foi alcalde en 1979, nunha época difícil e nuns momentos nos que Vigo era unha das grandes urbes proletarias de España. A Soto tocoulle lidiar coa primeira gran reconversión industrial do naval vigués cun goberno, o socialista, que era o seu.

En 1991 tivo que abandonar o cargo tras a negativa de Esquerda Galega a un pacto de goberno, sucedéndolle Carlos Príncipe, con quen acabaría tendo grandes diferencias que o levaron a abandonar o PSOE e montar un novo partido co que estivo no concello outros oito anos máis, ata case o século XXI.

Desde entón vivía apartado da vida política, pero sen perder momento para seguir defendendo “o seu Vigo”, aínda que era orixinaria, como milleiros de vigueses, de Ourense. Un cancro co que levaba loitando nos últimos anos puido, finalmente, con el. Marcha un dos vigueses distinguidos de Vigo.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...