InicioPolíticaA ministra de Sanidade pide en Vigo o voto para parar "a...

A ministra de Sanidade pide en Vigo o voto para parar “a ameaza para a democracia” que supoñen “as tres dereitas”

María Luisa Carcedo acusa a PP e Ciudadanos de "branquear" a ultradereira de Vox.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social en funcións, María Luisa Carcedo, visitou este venres Vigo, onde pediu o voto para o Partido Socialista nas eleccións xerais do próximo domingo para parar “a ameaza para a democracia” que supoñen, ao seu xuízo, o tres dereitas (PP, Ciudadanos e Vox).

Así o asegurou nun mitin na zona vella da cidade olívica, no cal estivo acompañada, entre outros, polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Para Carcedo, a dereita no canto de “acantoar” a extrema dereita, “branqueouna” e deixou que Vox inflúa nas decisións das institucións, polo que apostou por defender a democracia “con unllas e dentes”.

“Nestas eleccións hai dúas circunstancias moi especiais. Unha, que temos un avance da extrema dereita tremendo. E dous, non teñamos ningunha dúbida de que se as tres dereitas suman, van conformar o Goberno de España. E isto supón unha ameaza moi grande á nosa democracia“, lamentou a ministra diante de case un centenar de simpatizantes.

“BOMBA ATÓMICA”

Na mesma liña falou o secretario xeral do PSdeG, quen criticou que a extrema dereita “sen ningún complexo” agora “quere empezar a penetrar nas institucións políticas”.

Por todo iso, indicou que o “voto útil” é o do PSOE, para que así “Galicia e España avancen”, xa que sería unha “bomba atómica” para as liberdades políticas e sociais que se dese unha vitoria dos tres partidos de dereitas.

Neste aspecto tamén incidiu o seu tío e alcalde de Vigo Abel Caballero, quen insistiu na importancia de ir votar este domingo para “castigar” ao PP, “polo mal que o fixo na provincia de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...