InicioPolíticaMarea de Vigo denuncia o sobrecusto na iluminación do Nadal e os...

Marea de Vigo denuncia o sobrecusto na iluminación do Nadal e os contratos adxudicados “a dedo”

O grupo municipal Marea de Vigo denunciou este martes o sobrecusto da iluminación do Nadal pola instalación de motivos ornamentais en lugares onde non estaban previstos no contrato inicial, así como a adxudicación "a dedo" de contratos, como o da xestión do mercadillo do Nadal na Praza de Compostela.

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo denunciou este martes o sobrecusto da iluminación do Nadal pola instalación de motivos ornamentais en lugares onde non estaban previstos no contrato inicial, así como a adxudicación “a dedo” de contratos, como o da xestión do mercado do Nadal na Praza de Compostela.

O portavoz do grupo, Rubén Pérez, sinalou que, mentres que o groso da iluminación ou a cabalgata dos Reis Meigos se adxudican mediante concurso, hai outros contratos que seguen a modalidade “dixital”, é dicir, “adxudícanse a dedo”, como a xestión dun mercado do Nadal na Praza de Compostela, por parte dunha empresa que chegou a pedir aos interesados en ocupar algunha das casetas un canon de 10.000 euros.

Ademais, puntualizou Rubén Pérez, a autorización para instalar un mercado nese espazo decidiuse “de forma tendenciosa” porque, segundo lembrou, aos libreiros, en 2014, se lles prohibiu montar a Feira do Libro na Praza de Compostela alegando motivos de seguridade e de protección do patrimonio. “Pero agora si se pode instalar un mercado”, denunciou, en alusión ás casetas, a pérgola e os canóns de neve artificial previstos.

Por outra banda, advertiu de que o Concello está a instalar ornamentación e iluminación a maiores da prevista no contrato coa empresa adxudicataria (Ximénez fíxose con ese contrato, por 2,5 millóns de euros para tres anos).

“Os vigueses teñen que saber que, por exemplo, tres arcos de luz máis en Coruxo son 525 euros; que pór cinco motivos do Nadal máis nunha rúa suman 950 euros”, engadiu, á vez que volveu criticar que o goberno local non contase co sector do comercio da cidade, que “xa alertou do efecto chamada cara ao centro e o baleirado do resto de zonas comerciais”.

ÚLTIMAS

Pontevedra é a provincia onde menos baixou o paro de Galicia en abril

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego baixou en...

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

A Policía Local detivo a un vigués por agresión a súa parella embarazada

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...