InicioPolíticaA Xunta desmente as acusacións de Abel Caballero de que o Goberno...

A Xunta desmente as acusacións de Abel Caballero de que o Goberno galego fai un aparcodoiri gratis para o Hospital de Conxo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este xoves que a Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Xunta, licitou as obras dun aparcadoiro público gratuíto para o Hospital e o Centro de Saúde de Conxo, en Santiago de Compostela, mentres que se nega a venderlle unha parcela ao Concello olívico para habilitar prazas de estacionamento á beira do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O rexedor denunciou que, mentres a Xunta vai facer “pagar” un aparcadoiro gratuíto para esas dotacións sanitarias, en Vigo “nin sequera” vende unha parcela pedida polo Concello para facer prazas de aparcodoiro. “A Xunta ten distintas varas de medir. Vigo ten que pagar aparcadoiro no Álvaro Cunqueiro, e en Santiago fan un pago pola Xunta”, incidiu.

A Xunta de Galicia, pola súa banda, saíu ao paso das acusacións, desmentindo ao alcalde, puntualizando que as obras de Santiago consisten na “reposición” dunhas prazas de aparcadoiro que se perderon cando se executaron uns traballos de humanización nese barrio, vinculados ao Camiño de Santiago.

Fontes do Goberno galego tamén precisaron que o Sergas cedeu unha parcela da súa titularidade para habilitar esas prazas de aparcadoiro “para o uso dos veciños”, e que “en ningún caso” está vinculada ao centro hospitalario.

Finalmente, a Xunta lembrou que, en 2020, está previsto o investimento de 700.000 euros (o “dobre” que o custo da obra en Conxo) para realizar melloras no aparcadoiro do hospital vigués Meixoeiro.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...