InicioPolíticaDe canas con Inés Arrimadas en Vigo: "Venir a Galicia es un...

De canas con Inés Arrimadas en Vigo: “Venir a Galicia es un subidón, comemos súper bien”

A deputada de Ciudadanos asegura que "Galicia es fundamental para el proyecto de Ciudadanos" e "un lugar donde nos lo han puesto muy difícil", sinalando ao PP e os partidos nacionalistas.

PUBLICADO O

A deputada de Ciudadanos por Barcelona e número dous do partido que lidera Albert Ribera, Inés Arrimadas, visitou este venres Vigo, onde mantivo un encontro cun puñado de simpatizantes e afiliados.

Tratouse dun acto de precampaña organizado no pub The Majestic de Montero Ríos, onde Arrimadas estivo arroupada pola candidata de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Beatriz Pino, quen introduciu a Arrimadas entre os aplausos dos alí congregados.

Venir a Galicia es un subidón, porque nos tratáis siempre genial, comemos súper bien; aquí se come de muerte y nos vamos a llevar unas empanadas y una tarta de Santiago para Barcelona”, dixo como introdución ao seu discurso.

A deputada asegurou que “Galicia es fundamental para el proyecto de Ciudadanos” e “un lugar donde nos lo han puesto muy difícil”, sinalando ao PP, “que lo quiere acaparar todo” e “los partidos nacionalistas”, que, segundo Arrimadas, “prefieren que siga Feijóo a que venga Ciudadanos a cambiar las cosas”.

A portavoz de Ciudadanos advertiu de que dar máis autogoberno aos nacionalistas supón darlles ferramentas para “destruír o país”, e pediu “non tropezar na mesma pedra”.

Arrimadas fixo alusión a unhas declaracións do secretario xeral do PP, Teodoro García Egea (que el mesmo matizou despois), sobre a posibilidade de negociar un maior autogoberno en Cataluña.

“Agora Teodoro García Egea di que se lle pode dar máis competencias a Cataluña se se portan ben. Pero de verdade imos seguir tropezando na mesma pedra? Pero non nos damos conta de que os nacionalistas utilizan as competencias para ter máis ferramentas para destruír este país? Imos seguir votando aos mesmos para que sigan facendo o mesmo?”, cuestionou.

Incidiu en que España é un país “diverso” que está “mellor unido” e proclamou que “xa está ben de que os nacionalismos que odian España marquen a batuta de Goberno de España”. Así, declarouse “orgullosa de ser española” e rexeitou ter que usar “pasaporte” para visitar Galicia ou que os nacionalistas consigan facer “estranxeiros” aos galegos en Cataluña.

A ese respecto, repetiu que o problema catalán o é tamén do resto de españois e advertiu de que o nacionalismo “se contaxia máis que a gripe”, e se o PSOE “segue facendo” o que está a facer “chegará un día no que as imaxes que vemos en televisión agora de Cataluña se vexan tamén noutras Comunidades, como Navarra, Valencia ou Baleares”.

A portavoz de Ciudadanos subliñou, así mesmo, que o seu partido comparte a idea de unidade de España con outras formacións, como Vox, pero matizou que “é mellor para defender España un partido moderno, que pensa no futuro, respectuoso”, fronte a outro que “nos quere levar ao século XIX en moitas cousas”.

“PREPARADOS” PARA GOBERNAR

Por outra banda, proclamou que “o único voto que garante un goberno serio” é o voto ao seu partido, que tras estar na oposición en moitas institucións, “aprendeu” e está “preparado” para gobernar, como di que demostrou en Andalucía, onde o PP e Ciudadanos formaron goberno co apoio do partido ultradereitista Vox.

Albert Rivera puido ser vicepresidente do goberno con Rajoy, pero dixo que non porque non era o momento nin era o goberno adecuado”, afirmou, e engadiu que, tras aprobar orzamentos, reformas e leis, “agora si” están preparados e teñen “equipo, experiencia e proxecto de país”. “Se non goberna Ciudadanos teremos ao PP e ao PSOE facendo o mesmo”, proclamou.

Segundo abundou, só o seu partido garante as reformas que necesita España e demostrou a súa capacidade de “ceder, negociar e chegar a acordos”. De feito, engadiu, Rivera “é o único candidato que votou investiduras que non eran a súa, que votou orzamentos que non eran os seus”.

Por todo iso, animou a xente a votar o próximo 10 de novembro para “gañar á desidia e ao cansazo, ás enquisas, ao bipartidismo e ao nacionalismo nas urnas” e para poder emprender reformas como, por exemplo, un gran pacto educativo. “Nós non temos as mans atadas para facer esas reformas, temos liberdade”, asegurou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...