InicioPolíticaGalicia en Común denuncia que Povisa se vende por só un terzo...

Galicia en Común denuncia que Povisa se vende por só un terzo do custo anual do concerto coa Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia en Común denuncia a venda de Povisa a Ribera Salud, controlada polo fondo de investidor norteamericano Centene, por “22 millóns de euros”, que é unha terceira parte do custo anual do concerto co Sergas para a atención de 135.000 pacientes da sanidade pública.

A isto suma a portavoz de Galicia en Común, Yolanda Díaz, cinco millóns en fármacos, o concerto da especialidade de maxilofacial e a unidade de queimados.

Díaz denuncia que, “unha vez máis, o PP está a favorecer os intereses privados da sanidade e non a favor da defensa da sanidade pública”.

Súmase ás voces que reclaman o “rescate” do hospital vigués por parte do Sergas.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...