InicioPolíticaO pleno de Vigo rexeita paralizar as obras de Porta do Sol

O pleno de Vigo rexeita paralizar as obras de Porta do Sol

Tampouco buscará alternativas ao túnel proxectado que soterraría o tráfico rodado. O PP apoiou que se faga a obra pero precisou que "se debe falar cos veciños".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno da Corporación viguesa rexeitou este mércores, grazas á maioría do PSOE, paralizar a tramitación da obra de peonalización da Porta do Sol e buscar alternativas á construción dun túnel para soterrar o tráfico rodado.

Así, o edil do BNG, Xabier Pérez Igrexas, defendeu unha moción na que pedía que se suspendese a tramitación do proxecto provisionalmente, para buscar alternativas ao túnel e dar resposta á preocupación dos veciños sobre o “impacto” que dito proxecto podería ter nos inmobles da zona.

Pérez Igrexas reclamou tamén que abrir  “vías de diálogo” con estes veciños e que se fixese unha exposición pública do proxecto, tendo en conta do importante investimento previsto, de máis de 17 millóns de euros.

O grupo de Marea de Vigo, que apoiaba esta iniciativa, lembrou que esta obra e a reforma de Gran Vía, financiadas con fondos europeos, non cumpren os requisitos expostos pola propia UE sobre participación dos cidadáns ou sobre os obxectivos seleccionados polo FEDER (mellora do acceso ás tecnoloxías, inclusión social e loita contra a pobreza, favorecer o baixo nivel de emisión de carbono ou fomentar a protección ambiental). O portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, apoiou que se faga a obra pero precisou que “se debe falar cos veciños”.

A “GUINDA” DAS HUMANIZACIÓNS

Pola súa banda, o portavoz do goberno vigués, Carlos López Font, defendeu esta actuación, que cualificou como “a guinda” de todas as humanizacións levadas a cabo nos últimos anos, e enviou unha mensaxe de “tranquilidade” aos veciños sobre a seguridade das actuacións previstas.

Con respecto ás voces críticas con este proxecto, o edil socialista reduciunas a “3 ou 4 que sempre pensan nos seus intereses particulares”, e asegurou que “a práctica totalidade” dos cidadáns está a favor desta obra.

REFORMA DE BALAÍDOS

Por outra banda, o pleno aprobou, cos votos favorables de PSOE e Marea, a abstención do BNG, e o voto contrario do PP, instar á Xunta a cofinanciar a reforma da bancada de Marcador do estadio municipal de Balaídos cunha achega de 5,33 millóns de euros (a mesma que porán Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra).

López Font defendeu a reforma do estadio que está a levar a cabo o Concello, e criticou que a Xunta non achegue nada ás obras. Por contra, denunciou, o PP e Feijóo fan unha “perversa utilización” do Celta, ao que “pretenden levar a Mos”.

Pola súa banda, o portavoz do grupo ‘popular’, Alfonso Marnotes, reiterou a negativa do goberno galego a ser “cómplice” dunha reforma que “non gusta ao Celta nin á afección”, e criticou a “xestión catastrófica” da obra, que se fixo “sen consultar a ninguén” e “de costas” ao club celeste.

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, vinculou a petición do goberno local á “imposibilidade” de que Zona Franca cofinancie a reforma de Balaídos, e insistiu en que, máis que a repartición do financiamento, o relevante é coñecer “como se vai a amortizar” e a “recuperar” o importante investimento público nunhas instalacións que só utiliza unha entidade.

Finalmente, Xabier Pérez Igrexas, do BNG, denunciou o “bochorno” da “performance” do PP e a “dinámica de escapismo” do PSOE, nunha obra que non responde as necesidades de seguridade e confort do estadio.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...

Ferido un operario tras caer da cesta elevadora coa que retiraba unha cámaras no paseo de Panxón

Un operario resultou ferido tras envorcar un camión e caer da cesta elevadora cando...

O acusado de agredir sexualmente a unha familiar menor en Vigo enfróntase a 14 anos de cárcere

A Fiscalía de Vigo solicita 14 anos de prisión para un home acusado dun...