InicioPolíticaO alcalde pide que se reforme a fachada portuaria de Vigo para...

O alcalde pide que se reforme a fachada portuaria de Vigo para que a xente poida “tocar o mar”

Abel Caballero solicita que se faga "segundo os principios do Plan Nouvel", proxecto que el presentou cando era presidente do Porto e que paralizou a súa sucesora nese cargo, Corina Porro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu que a eventual remodelación da fachada portuaria no centro da cidade se faga “segundo os principios do Plan Nouvel” (un proxecto que el presentou cando era presidente do Porto e que paralizou a súa sucesora nese cargo, Corina Porro) co fin de achegar o mar á xente nesa zona, “e non con interese de facer recheos”.

Así o manifestou tras constatar que o convenio asinado hai décadas para a reforma e mantemento desa zona (o chamado convenio ‘Abrir Vigo ao Mar’, asinado entre Porto, Concello e Zona Franca en 1992) “non está adaptado aos tempos actuais”.

Este convenio está próximo á súa extinción e caben dúas posibilidades: ou ben o Porto retoma a responsabilidade sobre toda a zona (ata agora o Concello é o encargado de limpeza e mantemento), como avanzou o presidente portuario, Enrique López Veiga, ou ben se negocia un acordo novo noutros termos.

No caso de que o Porto se faga cargo da zona, Abel Caballero afirmou que pedirá que as reformas se fagan de acordo co Plan Nouvel, e defendeu que pode levar a cabo un proxecto alcanzable economicamente e, á vez, “ambicioso”, para permitir que os cidadáns, en pleno centro de Vigo, poidan “tocar o mar”, “e non co interese de facer recheos”.

Así, o rexedor volveu pór sobre a mesa algunhas das accións que el mesmo anunciara cando presidía a Autoridade Portuaria, como converter algunha das dársenas en zona de baño ou deixar que se poida “chegar ao bordo da auga”. “É unha boa ocasión para resolver este problema histórico”, proclamou, á vez que lembrou que no litoral vigués, desde Teis a Bouzas, non hai ningún lugar onde os cidadáns poidan acceder ao mar.

A outra opción é renovar o convenio, como lembrou Abel Caballero, quen volveu apuntar a conveniencia de que Zona Franca poida “xogar un papel importante” financiando a reforma das Avenidas e construíndo un novo aparcadoiro.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...