InicioPolíticaO Concello de Vigo estuda suspender de funcións ao traballador condenado polo...

O Concello de Vigo estuda suspender de funcións ao traballador condenado polo ‘enchufe’ da cuñada de Silva

O Concello ordenou a incoación de dilixencias previas por mor da solicitude de Xuntos por Galicia para que se suspenda de funcións a Francisco Javier G.O.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo ordenou a incoación de dilixencias previas por mor da solicitude de Xuntos por Galicia para que se suspenda de funcións a Francisco Javier G. O., o funcionario condenado por promover o ‘enchufe’ dunha cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Segundo recolle a resolución municipal, a tenente de alcalde e concelleira de Economía e Empresa, Elena Espinosa, tomou esta decisión para “dilucidar” os feitos que poderían “motivar a incoación do procedemento” e a identificación dos responsables e as circunstancias relevantes dos mesmos.

Para iso, designouse como instrutora do expediente unha funcionaria da área de Recursos Humanos e Formación e tamén se nomeou unha secretaria.

O funcionario condenado poderá recusar os nomeamentos da instrutora e a secretaria e disporá de 15 días para formular “as alegacións que estime procedentes en defensa dos seus dereitos”.

Segundo recolle o documento, os órganos competentes para ordenar a incoación dos expedientes disciplinarios ao persoal municipal son o titular da Presidencia da corporación local ou a persoa que ostente a xefatura de persoal.

CONDENA

Francisco Javier G.O. foi condenado en febreiro a 5 anos e tres meses de cárcere pola Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, por un delito continuado prevaricación, en concurso medial cos delitos de malversación de caudais públicos e falsidade documental.

Así, considerouse que promoveu a adxudicación irregular de varios contratos menores a unha concesionaria municipal coa única finalidade de pagarlle un salario a unha cuñada de Carmela Silva.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...