InicioPolíticaO PP dálle a Alcaldía de Mondariz ao BNG, que nega conversas...

O PP dálle a Alcaldía de Mondariz ao BNG, que nega conversas cos ‘populares’

Xosé Emilio Barros tamén recibiu o apoio do único concelleiro do Partido Socialista para facerse co bastón de mando.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Popular deulle este sábado a segunda Alcaldía ao BNG, desta vez no municipio pontevedrés de Mondariz (Pontevedra), tras facilitar un goberno nacionalista en Catoira. O acalde de Mondariz xa é Xosé Emilio Barros, quen tamén recibiu o apoio do único concelleiro do Partido Socialista para facerse co bastón de mando.

En concreto, os nacionalistas, que foron a segunda lista máis votada –con tres concelleiros–, obtiveron a Alcaldía tras o apoio destas forzas e ao non frutificar as negociacións para conformar goberno con Alternativa por Mondariz, a lista liderada polo xa ex-alcalde Xosé Carlos Bugarín Montes.

Precisamente, no pleno de constitución da nova corporación celebrado este sábado, os catro concelleiros de Alternativa por Mondariz votáronse a si mesmos e o representante de Ciudadanos abstívose.

O novo alcalde, Emilio Barros, subliñou que “non houbo ningún tipo de acordo co PP”. “Si se lle preguntou ao Partido Socialista polo sentido do seu voto, pero no caso do PP non houbo nin tan sequera o máis mínimo contacto”, subliñou.

Neste sentido, explicou que descoñece as razóns polas que o PP decidiu situarse dese modo. “O PP votou libremente o que lle deu a gana e a responsabilidade diso será do Partido Popular”, apuntou.

Ademais, preguntado por se prevé incluír o PP nun posible goberno, o nacionalista asegurou que eles só tentarán chegar a acordos “coas forzas de esquerda”. “E se non fose así, tentariamos gobernar en minoría, como é lóxico e razoable”, apuntou.

Pola súa banda, a portavoz popular, Ana Corredoira, rexeitou facer declaracións sobre o ocorrido na sesión plenaria deste sábado.

ALTERNATIVA POR MONDARIZ

O xa ex-alcalde de Mondariz, Xosé Carlos Bugarín Montes, criticou que “BNG, PP e PSOE” sumasen as súas forzas para “quitar” a alcaldía á lista “máis votada”.

Así mesmo, lembrou que, desde o momento das eleccións, Alternativa por Mondariz buscou conformar un acordo de goberno co BNG, que “só quería a Alcaldía como fose” e “foi dilatando as reunións”.

“Hoxe non respectaron o que dixeron os veciños, nós somos a forza máis votada e cremos que non vale todo en política. Hoxe faltouse ao respecto ao que dixeron os veciños”, indicou.

ÚLTIMAS

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...