InicioPolíticaAbel Caballero á PPdeG, Marea e BNG: "Que reflexionen e que non...

Abel Caballero á PPdeG, Marea e BNG: “Que reflexionen e que non se poñan en contra de Vigo”

Confirma que lle agradaría "excesivamente" seguir presidindo a FEMP.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recoñeceu este luns que lle agradaría “excesivamente” seguir presidindo a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), aínda que engadiu que esa é “unha decisión do PSOE”.

Así o trasladou o rexedor olívico en declaracións aos medios, nunha comparecencia na que volveu a pór de manifesto a súa satisfacción polos excelentes resultados que a súa lista obtivo nos comicios deste domingo, subindo de 17 a 20 concelleiros, dos 27 que compoñen a corporación de Vigo.

Caballero lembrou que o presidente da FEMP é elixido os alcaldes e afirmou que o PSOE “gañou con moito” en canto a número de rexedores en España. “É unha decisión que toma o Partido Socialista, pero si, agradaríame excesivamente seguir de presidente da FEMP”, proclamou.

O candidato socialista, por outra banda, constatou que Pedro Sánchez “contribuíu” aos bos resultados do PSOE en moitas cidades de España, aínda que matizou que, no caso de Vigo, e cun respaldo de máis do 67 por cento para o PSOE, puido haber ‘efecto Sánchez’ pero a súa vitoria “ten moito máis que ver co local”.

REFLEXIÓN DA OPOSICIÓN

Abel Caballero volveu a recalcar que o seu éxito electoral pon de manifesto a construción “dun modelo novo de política” nunha cidade que pasou de cambiar de alcalde cada catro anos a unha “estabilidade política total”. Así, atribuíu este apoio “case inimaxinable” ao seu modelo de goberno “dialogado, en contacto permanente cos cidadáns”.

Con respecto á oposición, advertiulles de que “os seus resultados lles teñen que facer reflexionar, que é o que están a facer tan mal”. “Díxenllo moitas veces estes anos a PP, ‘mareas’ e BNG, que non se puxesen en contra da cidade, e sucede que se puxeron en contra. Esta é a consecuencia”, sentenciou, e engadiu: “Dígolle á oposición que reflexione moito, porque esta cidade reclama a súa hexemonía e o seu papel”.

Finalmente, Caballero celebrou que os bos resultados de Vigo tamén contribuíron a dar “un envorco” na Deputación, onde o PSOE pasou de 10 a 13 deputados (un menos que a maioría absoluta) e Carmela Silva seguirá presidindo a institución provincial, “con moito máis apoio”.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...