InicioPolíticaMarea de Vigo: "Queremos pór en valor a seriedade, nun momento de...

Marea de Vigo: “Queremos pór en valor a seriedade, nun momento de pallasada política”

Reivindícase como "único espazo de unidade popular" na cidade e recalca o seu labor de "integración".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo reivindicouse este venres como “único espazo de unidade popular” que se presenta ás eleccións municipais na cidade olívica, e puxo en valor o seu “labor de integración” ao longo dos últimos anos.

Así o trasladou, nun almorzo informativo, a cabeza de lista da candidatura e actual portavoz municipal do grupo, Rubén Pérez Correa, quen descartou que a división da esquerda rupturista en Galicia e nas listas que se presentaron ás eleccións xerais vaia a pasar factura á Marea nos comicios locais do próximo 26 de maio.

Pérez Correa, qun admitiu as “fracturas” noutras cidades, subliñou que “se algo fixo ben a Marea de Vigo foi ese labor de integración, que foi un traballo de anos, e iso a xente vaino a premiar”.

Nesa liña, defendeu a traxectoria do grupo municipal, que entrou por primeira vez na Corporación viguesa en 2015, con tres concelleiros. “Fomos a única oposición que fixo propostas, e cremos que imos ter recompensa. O noso obxectivo é superar os 3 concelleiros, porque queremos condicionar a política progresista, queremos un xiro á esquerda na cidade, que non o hai”, aseverou.

O portavoz e candidato de Marea de Vigo sinalou que os últimos catro anos no Concello “foron difíciles” porque o goberno local encabezado por Abel Caballero “non entende a democracia nin a discrepancia”. “Queremos pór en valor a seriedade, nun momento de pallasada política”, proclamou, e incidiu en que o seu grupo participou en máis de 100 actos con colectivos sociais e veciñais, para explicarlles os seus posicionamentos sobre cuestións como o urbanismo, a área metropolitana ou o funcionamento dos servizos públicos.

CAMPAÑA ELECTORAL

Rubén Pérez Correa confirmou que Marea de Vigo concorrerá a estas eleccións locais baixo a lema ‘Polo ben común’, facendo campaña “por todos os barrios” e sendo “exquisitos nas formas”, fronte ao “marrullerismo político” que, na súa opinión, estivo presente nos plenos municipais neste mandato.

Así mesmo, avanzou que a súa candidatura abordará durante a campaña temas clave para o futuro de Vigo, como o urbanismo e o modelo de cidade, o control das concesionarias, a remunicipalización dos servizos, a implementación de orzamentos participativos, ou a facenda local.

A ese respecto, tamén incidiu en que Marea de Vigo volverá pedir a participación dos colectivos cidadáns para definir o seu programa electoral. Así, a súa proposta divídese en 10 bloques temáticos sobre diferentes áreas, nas que se poderán facer achegas.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...