InicioPolíticaAbel Caballero destaca que Vigo deu a Sánchez "o maior apoio" das...

Abel Caballero destaca que Vigo deu a Sánchez “o maior apoio” das grandes cidades

O rexedor olívico expresa a súa "satisfacción" pola vitoria socialista e avanza que Regades seguirá en Zona Franca

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o socialista Abel Caballero, reivindicou este luns o papel da cidade na vitoria do PSOE nas eleccións xerais, e subliñou que “é Vigo a que deu a Pedro Sánchez o maior apoio de calquera gran cidade de España”.

En declaracións aos medios, acompañado por dous das deputadas electas pola provincia, Olga Alonso e Ángeles Marra, o rexedor olívico destacou que o PSOE obtivo un 36,75% de votos en Vigo, “duplicando” os apoios obtidos polo PP, que quedou como terceira forza. E iso, incidiu, a pesar de que “Feijóo auguraba que o PP ía ser primeira forza política en Vigo nas xerais”.

Caballero non escatimou eloxios ao candidato do PSOE, a pesar de que, no proceso interno de primarias, foi un dos principais valedores de Susana Díaz, e chegou a manifestar que “o tempo” de Sánchez como secretario xeral chegara ao seu fin tras “perder” dúas eleccións xerais.

Con todo e con iso, constatou que a vitoria de Sánchez deste domingo “garante” a conclusión de proxectos prioritarios para Vigo, como o AVE por Cerdedo, a solución ao abastecemento de auga, a autovía do Porriño, a Biblioteca do Estado, a conversión en viaria urbano da AP-9 desde Avenida de Buenos Aires ou o paseo marítimo de Bouzas a Samil, entre outros.

Nese sentido, o alcalde celebrou que se dan as condicións “para que Vigo teña, nos próximos catro anos, os mellores catro anos da súa historia“, xa que dá por feito que non só repetirá como primeiro edil, senón que terá resultados “moito mellores” que os que, en 2015, déronlle 17 dos 27 concelleiros posibles.

Ademais, recalcou que a vitoria de Pedro Sánchez “garante que David Regades vai seguir sendo delegado de Zona Franca“, e apuntou que, desde que este tomou as rendas deste organismo estatal, Zona Franca “deu un envorco cara a Vigo”.

EFECTO “ARRASTRE” NAS MUNICIPAIS

Cuestionado polos medios achega do posible “efecto arrastre” que estes resultados poderían ter nas eleccións municipais do próximo 26 de maio, Abel Caballero deu a volta á pregunta, e constatou que “o tirón municipal foi un factor que axudou” ao triunfo de Sánchez en Vigo. “Non cabe dúbida de que a nosa andaina municipal ten que ver co resultado”, sentenciou.

O rexedor evitou facer un prognóstico para os comicios locais, e limitouse ha asegurar que a súa lista terá un resultado “extraordinariamente importante” e, “sen ningunha dúbida”, “moito mellor” que o de 2015.

Sobre a campaña electoral para as municipais, asegurou que Pedro Sánchez será “bievenido” á cidade olívica. “Aquí querémolo moito”, sentenciou, e insistiu en todos os proxectos que o PSOE “desbloqueou” nuns poucos meses de goberno, e que o PP deixara “conxelados”.

ÚLTIMAS

Precaución ante o empeoramento da calidade do aire na área de Vigo esta madrugada

Os niveis de contaminación do aire en Vigo alcanzaron á 1 da madrugada un...

Luz verde ao PXOM de Vigo por parte da Xunta que aínda está pendente do informe de Costas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou este xoves...

O Xulgado de Violencia sobre a Muller ratifica prisión provisional para Borja R.R., o home que prendeu lume á súa ex parella

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ratificou este xoves a prisión provisional para...

Sanidade nega “colapso” no servizo de radioterapia do Meixoeiro e vincula os problemas con “momentos de avarías”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, negou que exista un "colapso" no servizo de...