InicioSociedadeArte máis alá das fronteiras: María Meijide plasma a vida e o...

Arte máis alá das fronteiras: María Meijide plasma a vida e o patrimonio de Tui e Valença en 12 láminas

Desde o Concello valoraron as pezas pola súa "contribución á creación da Eurocidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Eurocidade Tui-Valença presentou este mediodía o seu primeiro almanaque conxunto, que nace con vocación de continuidade, e que plasma o patrimonio e a vida de Tui e de Valença a través de doce láminas, obra da artista plástica galega María Meijide.

Edítanse 1.000 exemplares – 500 para Tui que serán distribuídos en establecementos públicos – cun investimento de preto de 5 mil euros sufragado a parte iguais por Tui e Valença.

Na presentación deste mediodía o alcalde, Carlos Vázquez Padín, manifestou que este tipo de actividades e iniciativas conxuntas contribúen a ir fomentando e creando unha identidade da Eurocidade cada vez máis forte.

Indicaba que “é unha forma con moito simbolismo de ligarnos”. Concluía que se somos quen de darlle continuidade “pode converterse nunha tradición e nunha referencia”. Pola súa parte o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, apuntaba que os cidadáns poderán ao longo do ano visualizar a través das ilustracións do almanaque o patrimonio da Eurocidade.

Presentación do Almanaque/ Concello de Tui

O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, destacou a longa traxectoria da artista plástica María Meijide que retratou agora á Eurocidade neste almanaque. Mentres María Meijide explicaba que realizou ao natural estas ilustración en acuarela con tinta nos meses de novembro e decembro plasmando non só patrimonio, senón a vida de Tui e Valença.

O almanaque da Eurocidade Tui-Valença permite ao longo dos doce meses do ano realizar unha viaxe pictórica polas dúas cidades, abrindo e pechando coa vistas de Tui e de Valença dende a vella ponte internacional que ilustran, xaneiro e decembro.

A capela de San Teotonio, a Catedral e a igrexa de San Telmo son a imaxe de febreiro, marzo e abril respectivamente. O calendario tamén recolle unha panorámica da fortaleza valenciana ou das rúas do seu interior, do conxunto histórico dende unha estación de servizo.

Como curiosidade en agosto recóllese a ilustración do Paseo da corredoira e o palco da música feita a dobre páxina no caderno de María Meijide e así se recolle, na imaxe impresa onde aparecen os buracos da espiral que une as follas.

ÚLTIMAS

O Celta-Xetafe desta fin de semana, de alto risco

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...