InicioPolíticaO PSOE acusa á Xunta de poñer en risco a seguridade vial...

O PSOE acusa á Xunta de poñer en risco a seguridade vial dos veciños de Ponteareas

Os socialistas afirman que son moitos os veciños enfadados con estas "improvisacións" do PP.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia acaba de iniciar un “repintado” da estrada PO-254 coa previsión de prover tres carrís de espera en Ponteareas, o que segundo a tenente de alcalde e candidata socialista, Chus Garrote, quen se desprazou a supervisar as obras, non gardan os mínimos de seguridade necesarios.

A Xunta de Galicia, a petición da tenente de alcalde Chus Garrote, acaba de paralizar o pintado dos viais na PO-254″ xa que non garantizan a seguridade de paso de vehículos de grandes dimensións nos dous sentidos da circulación, e poñen en risco a vida dos veciños e veciñas que usan esa estrada para os seus desprazamentos. Explica Chus Garrote que “o problema está nos arcéns entre os cruces da Freixa e o da igrexa de Bugarín, xa que ao meter un carril central sen aumentar arcéns, estes diminúen considerablemente”

Chus Garrote cualifica de “chapuza” e improvisación as actuacións da Xunta de Galicia na P-254. “Este pintado só ten un fin meramente electoral” denuncia Garrote. Neste senso, a candidata socialista considera que existe unha falta de planificación por parte da administración autonómica.

“O único que fixo a Xunta de Galicia foi contratar unha empresa de pintado, pero non planificaron os arcéns. Non teñen proxecto de obra. Por esa falta de previsión hai un grave problema no cruce da Freixa e da igrexa de Bugarín que pon en risco a seguridade vial”, subliñou.

A candidata socialista afirma que os veciños e veciñas de Bugarín manifestaron o seu descontento coa Xunta e coa candidata do PP en Ponteareas, Belén Villar. Así, Chus Garrote considerou necesario paralizar o pintado xusto nese cruce á espera ser supervisadas por ela mesma como concelleira de vías e obras do Concello de Ponteareas e o xefe de obras da Xunta.

Os socialistas de Ponteareas consideran dun cinismo e dun “autobombo” alarmante as declaracións de Belén Villar, “cando a Xunta está empeorando a seguridade na PO-254” e insta a candidata popular a dar explicacións inmediatas. Neste senso, os socialistas afirman que son moitos os veciños enfadados con estas “improvisacións” do PP “sen ningún tipo de planificación”.

ÚLTIMAS

Pontevedra é a provincia onde menos baixou o paro de Galicia en abril

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego baixou en...

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

A Policía Local detivo a un vigués por agresión a súa parella embarazada

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...

O Concello aproba este martes o convenio con promotores do Barrio do Cura

O goberno de Vigo aprobará este martes de forma definitiva o convenio que compromete...