InicioPolíticaBNG pide ao Goberno mobilizar todos os activos e alugueres de Casa47...

BNG pide ao Goberno mobilizar todos os activos e alugueres de Casa47 “a prezos verdadeiramente sociais” en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A senadora do BNG, Carme da Silva, pediulle ao Ministerio de Vivenda unha “rectificación” na estratexia que está a desenvolver a entidade estatal Casa47, “ao ofrecer en Vigo vivendas a prezo de mercado”. O BNG defendeu que se poñan á disposición “todos os activos dispoñibles”, a prezos “verdadeiramente sociais” e en coordinación coa Xunta e co Concello de Vigo para promover “unha intervención pública efectiva no mercado da vivenda”.

Tras coñecer a adxudicación de 67 vivendas de alugueiro na cidade, o BNG rexistrou iniciativas nas Cortes para solicitar toda a información sobre o número de solicitudes recibidas, a localización dos activos, a súa procedencia e características, o equipamento e o prezo de cada un deles. “Non podemos chamar vivenda social a pisos con alugueiros de 800 euros ao mes, cando milleiros de persoas teñen dificultades para acceder a unha vivenda en Vigo”, lembrou Carme da Silva, que recordou que hai máis de 10.000 demandantes de vivenda protexida na cidade e que Casa47 só adxudicou 67 das súas vivendas.

Por iso, a formación nacionalista pídelle ao Goberno que aumente o número de vivendas destinadas ao alugueiro social, poñendo á disposición todos os activos dispoñibles, a prezos accesibles, coa atención posta nos colectivos máis vulnerables. Por outra banda, a senadora nacionalista lembrou que as competencias en materia de vivenda son da Xunta, polo que defende que eses activos (os da SAREB e os transferidos a Casa47) sexan cedidos á Administración autonómica para a súa xestión “como parque público de vivenda en réxime de alugueiro social”.

Mentres, o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, pediu “medidas reais” en materia de vivenda e non “programas propagandísticos ou titulares”. Ao respecto, denunciou o agravamento do problema da vivenda en Vigo, cun incremento do prezo dos alugueiros por riba da media galega e cunha redución da oferta (pouco máis de 260 vivendas dispoñibles), mentres medran as vivendas turísticas e de tempada. “Ante esta realidade vemos un Goberno español instalado na propaganda, con iniciativas tan vistosas como radicalmente insuficientes; unha Xunta de Galicia de costas; e un goberno municipal que non pasa das boas palabras mentres segue de brazos cruzados”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...