InicioPolíticaO BNG ameaza con denunciar na Comisión de Transparencia se Caballero segue...

O BNG ameaza con denunciar na Comisión de Transparencia se Caballero segue “ocultando” a factura do desfile militar

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo advertiu este xoves de que denunciará na Comisión de Transparencia se o alcalde, Abel Caballero, “insiste en ocultar” os gastos asumidos polo Concello con motivo da celebración do Día das Forzas Armadas na cidade, e do Desfile Militar do pasado 30 de maio. Segundo trasladou o grupo nacionalista nun comunicado, o goberno local incumpre o regulamento do pleno, que obriga a facilitar a información requirida nun prazo de 5 días. O prazo cumpriuse e o BNG non ten resposta á súa solicitude do pasado 1 de xuño.

“Despois de 17 días continuamos sen recibir ningún dato, ningunha información nin se nos deu acceso a ningún expediente”, censurou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, que cualificou estes feitos como “unha nova ilegalidade dun goberno instalado na autocracia”. Por iso, este venres rexistrarán un novo “e último” escrito esixindo poder acceder a esa información e advertiron de que, no caso de que non haxa resposta, enténdese aceptada a petición por silencio administrativo.

Así mesmo, avanzaron que, de persistir a negativa do goberno de Caballero, darán traslado á Comisión de Transparencia de Galicia, para que emita unha resolución que obrigue ao goberno vigués a facilitar esa información. Pérez Igrexas criticou este “intento inaceptable de impedir que as viguesas e vigueses coñezan os custos que tivo ese acto de exaltación militar e españolista”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...