InicioPolíticaO BNG de Vigo esixe coñecer canto custou acoller o Día das...

O BNG de Vigo esixe coñecer canto custou acoller o Día das Forzas Armadas

Os nacionalistas reclaman ao goberno local información detallada sobre os gastos do desfile e dos actos asociados, e advirten de que acudirán á Valedora do Pobo ou mesmo á vía xudicial se non reciben resposta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reiterou este luns a súa petición de información ao goberno local sobre os gastos que tivo que asumir a cidade para acoller os actos do Día das Forzas Armadas, incluído o desfile do pasado sábado. Os nacionalistas advertiron de que, se non se lles facilita esa información, reservan o dereito de acudir á Valedora do Pobo e mesmo á vía xudicial. Nun comunicado, o voceiro do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que o seu grupo xa reclamara estes datos no Concello, pero só recibiu “silencio”.

Por iso, volveu esixir que o goberno local achegue información detallada sobre os custos desa celebración en ámbitos como seguridade, limpeza, mobilidade, persoal, acondicionamento de espazos públicos, cesión de instalacións municipais e outros gastos. Entre estes últimos, citou “a fastuosa recepción” ao rei Felipe VI e á infanta Leonor no Consistorio, da que, segundo denunciou, “non foron informados os grupos da oposición”.

Así, “diante do intento descarado de evitar que os vigueses coñezan canto custou ser sede deste innecesario acto de exaltación militarista e españolista”, o BNG apelou ao regulamento do pleno para obter esa información e advertiu de que o goberno local ten cinco días para facilitala. No caso de non facelo, indicou Pérez Igrexas, o grupo acudirá á Valedora do Pobo e á Comisión de Transparencia, ademais de reservarse o exercicio de “todas as accións legais necesarias”. Finalmente, o voceiro nacionalista proclamou que a cidadanía viguesa, que sofre, entre outros recortes, os que afectan ás axudas sociais, “ten dereito a coñecer o importe da factura” do desfile e do resto de actos.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...