InicioPolíticaO PPdeG cuestiona a continuidade da edila de Seguridade tras a súa...

O PPdeG cuestiona a continuidade da edila de Seguridade tras a súa imputación xudicial

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo criticou este xoves a “inacción” e o “silencio” do goberno local tras outra decisión xudicial que cuestiona a xestión da concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, e alertou de que a súa continuidade supón “un risco” para a cidade. Así o trasladou a presidenta local e portavoz do grupo municipal ‘popular’, Luisa Sánchez, que se referiu a unha recente sentenza dun xulgado do Social de Vigo, que condena ao Concello por incumprimentos en materia de seguridade e saúde laboral no servizo de bombeiros.

Segundo incidiu, a xuíza expón na súa resolución que eses incumprimentos supoñen “un grave risco” para a seguridade dos bombeiros pero tamén para o interese xeral, dada a importancia do servizo que prestan. Fronte a esa sentenza, sinalou Sánchez, o goberno local optou por “a inacción e o silencio”, e engadiu que a resolución do xulgado chega despois das reiteradas denuncias de falta de persoal nese servizo, da “incapacidade” para convocar oposicións “en tempo e forma”, ou da prohibición expresa aos bombeiros de usar as redes sociais para denunciar as súas carencias.

O goberno local ampara á concelleira, pero non pode calar aos xuíces“, constatou a presidenta do PP, que insistiu en que Patricia Rodríguez “non pode continuar nin un minuto máis no seu posto”. Respecto diso, lembrou que a edila socialista está imputada por un suposto homicidio imprudente, polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en agosto de 2024, e que baixo a súa xestión producíronse outros episodios tráxicos, como a morte dun bombeiro (que tiña que desempeñar funcións de mando por falta de persoal) en acto de servizo ou un incendio que custou a vida a unha muller e ao seu tres fillos.

ÚLTIMAS

O PP esixe ampliar o socorrismo en Vigo tras o tenso rescate de tres persoas na praia de Samil

A praia de Samil converteuse no epicentro dunha nova fenda política en Vigo. A...

Caballero acusa a Rueda de “confesar” que a Xunta financiou voos en Santiago e esixe o mesmo para Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este mércores en que a Xunta de...

O BNG formaliza, sen o PPdeG, o recurso de reposición para que Caballero compareza no pleno polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo formalizou un recurso de reposición contra o...

Tentan endereitar o pesqueiro encallado nun estaleiro de Vigo

O pesqueiro 'Pepe Barreiro' permanece encallado e escorado na rampla de varada do estaleiro...