InicioPolíticaGaliza Nova desprega unha gran faixa, que logo retirou, contra o desfile...

Galiza Nova desprega unha gran faixa, que logo retirou, contra o desfile das Forzas Armadas en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova levou a cabo nas últimas horas unha acción simbólica de protesta contra os actos organizados en Vigo polo Día das Forzas Armadas e pola presenza do Rei Felipe VI con motivo desa celebración. Así, membros da organización despregaron nas últimas horas unha gran pancarta na Praza da Estación, á beira do centro comercial Vialia, coa mensaxe ‘Non á guerra imperialista. A mocidade galega pola paz e a soberanía!’, e cunha imaxe do monarca colocada ao revés.

Galiza Nova explicou que a utilización da imaxe investida de Felipe VI “simboliza o rexeitamento total da mocidade galega á monarquía española como máxima autoridade duns exércitos sumisos á OTAN e ao imperialismo”. Ademais, denunciaron o “gasto millonario” que supón este despregamento militar “nun contexto de profunda precariedade para as clases populares e a mocidade”.

Con esta acción simbólica de protesta (a propia organización retirou a pancarta pouco despois), Galiza Nova quixo “quentar motores” e facer un chamamento a participar na manifestación convocada por Galiza pola Paz este sábado, coincidindo cos desfiles das Forzas Armadas en Samil, para mostrar o rexeitamento a estes actos militares e ás guerras imperialistas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...