InicioPolíticaO Pleno de Vigo condena por unanimidade o asalto de Israel á...

O Pleno de Vigo condena por unanimidade o asalto de Israel á flotilla e os “malos tratos” aos activistas galegos

A corporación aproba unha declaración institucional de apoio á misión humanitaria, aínda que PP e BNG afean as "formas" do goberno local tras vetar o executivo unha proposta previa dos nacionalistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unanimidade institucional en Vigo ante a crise internacional no Mediterráneo. O Pleno do Concello deu luz verde este luns por unanimidade a unha declaración institucional de apoio á Global Sumud Flotilla e de condena rotunda polo asalto e os “malos tratos” exercidos polas autoridades de Israel contra os integrantes desta misión humanitaria. O texto aprobado pola corporación olívica recoñece o firme compromiso do Goberno de España coa defensa do dereito internacional e coa condena do xenocidio que sufre a poboación de Gaza. Así mesmo, o documento lembra que a Flotilla supón un exemplo do apoio da sociedade ás iniciativas en defensa dos dereitos humanos e da solidariedade co pobo palestino.

VULNERACIÓN DO DEREITO INTERNACIONAL E HUMILLACIÓNS

Os grupos políticos municipais cualificaron o asalto perpetrado contra as embarcacións en augas internacionais como unha grave vulneración do dereito marítimo internacional, da liberdade de navegación en alto mar e da propia Convención de Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar. Deste xeito, o Pleno trasladou a súa condena formal a esta acción militar e amosou o seu amparo directo aos membros da Flotilla, poñendo un foco especial nos cidadáns galegos que formaban parte das tripulacións.

A declaración institucional tamén condena de forma expresa os malos tratos e as humillacións sufridas polos activistas por parte das autoridades israelís, censurando unha forma de proceder que xa foi cualificada por parte do Goberno central como inaceptable, inhumana e vergoñosa. Por mor destes feitos, o Pleno insta as autoridades e institucións galegas, estatais e europeas a adoptar de xeito urxente as medidas diplomáticas e institucionais necesarias para garantir a protección e a seguridade da Flotilla.

TENSIÓN POLAS FROMAS E VETOS NA CORPORACIÓN

Malia que a declaración saíu adiante co apoio unánime de todos os concelleiros, a xestión do documento non estivo exenta de tensión política. A proposta estivo a piques de ser retirada inicialmente polo executivo local por mor dunha suposta falta de apoio por parte da oposición que finalmente non se produciu. Con todo, tanto o PP como o BNG lamentaron as formas do goberno vigués, ao que acusaron de presentar unha proposta de declaración sen tentalo acordar ou consensuar previamente cos demais grupos da corporación.

A respecto desta polémica, a fronte nacionalista afeou a actitude do executivo local e lembrou ante o vindeiro escenario que eles mesmos presentaran con anterioridade unha proposta de declaración institucional sobre este mesmo conflito, a cal foi vetada directamente polo goberno local impedindo o seu debate no Pleno.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...