InicioPolíticaCaballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde propón pagar as obras a terzos co Concello, a Deputación e a Xunta e critica que Vigo non sexa aínda candidata oficial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta de cofinanciar as obras de Balaídos xunto co Concello e a Deputación, para que o estadio poida acoller partidos do Mundial de Fútbol 2030. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor lamentou que o Goberno galego non contestase. “Ignoran que Vigo ten e cumpre todos os requisitos para ser sede do Mundial”, afirmou.

“Estou a propor que se financie a terzos: un terzo o Concello, outra a Xunta e outro a Deputación, porque o Mundial é un evento do mundo e ao campo de Balaídos non só veñen persoas de Vigo, senón de toda a provincia e de toda Galicia”, apuntou Caballero. O alcalde preguntouse polas razóns que xustifican que outros estadios que están “igual ou peor” que Vigo sexan xa candidatos e Balaídos non, apelando á Real Federación Española de Fútbol a que concrete e envíe “inmediatamente” a proposta da cidade á FIFA.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...