InicioPolíticaCaballero esixe á Xunta a devolución de Eiras pola "ineptitude" coas válvulas...

Caballero esixe á Xunta a devolución de Eiras pola “ineptitude” coas válvulas e o cesamento de Ángeles Vázquez

No acordo entre Augas de Galicia e a concesionaria Aqualia, de xaneiro de 2023, figura entre as responsabilidades da administración autonómica a conservación e mantemento do encoro, aínda que a concesionaria municipal reservábase a potestade de operar esas válvulas en exclusiva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este luns á Xunta a devolución da xestión e explotación do encoro de Eiras, pola súa “irresponsabilidade” e “ineptitude”, tras saberse que dúas das catro válvulas do encoro están danadas e deben ser substituídas, e por non actuar a pesar de que estar “obrigada” a facer o mantemento das instalacións.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico confirmou que este martes se celebrará unha reunión técnica con representantes do Concello, a Xunta de Galicia e Aqualia, concesionaria municipal do servizo de abastecemento. No encontro, Caballero sinalou que o Concello esixirá a substitución das válvulas “de forma inmediata”. O alcalde reiterou que a Xunta ten a obrigación do mantemento da presa desde que, en 2023, o Concello entregoulle as chaves das instalacións. “Botaron ao Concello de alí e fixéronse cargo eles”, insistiu, e denunciou que a administración autonómica leva “tres anos de brazos cruzados”, sen detectar nin inspeccionar o estado das válvulas.

“A actitude da Xunta de Galicia neste caso é neglixente e gravísimamente irresponsable. Por que? Para que nos botaron se non son capaces de mantela eles?”, proclamou o alcalde, que asegurou que, no proxecto do PERTE do ciclo da auga xa pedira financiamento para esas válvulas, cuxa substitución ten o custo “ridículo” de 50.000 euros cada unha. Tras reiterar que a Xunta tardou máis de dous anos en detectar o problema e outros seis meses en facelo público, reclamou a reversión da presa ao Concello. “Porque non me fío, porque son uns ineptos (…), e desde logo esixo que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, sexa inmediatamente cesada”, sentenciou.

No acordo entre Augas de Galicia e a concesionaria Aqualia, de xaneiro de 2023, figura entre as responsabilidades da administración autonómica a conservación e mantemento do encoro, aínda que a concesionaria municipal reservábase a potestade de operar esas válvulas en exclusiva. Tamén figuraba a necesidade de coordinación entre ambas as administracións, tras os desencontros denunciados pola Xunta por supostas trabas por parte dos técnicos municipais para que a empresa contratada por Augas de Galicia fixese o seu traballo nas instalacións.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...