InicioPolíticaO BNG de Vigo rexeita o desfile das Forzas Armadas: "É un...

O BNG de Vigo rexeita o desfile das Forzas Armadas: “É un delirio trumpista de Caballero”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG de Vigo trasladou este mércores a súa “total oposición e firme rexeitamento” á celebración na cidade do desfile con motivo do Día das Forzas Armadas, anunciado polo alcalde, Abel Caballero, para o próximo 30 de maio, e que os nacionalistas compararon cun “delirio trumpista”, ademais dun “dispendio” de diñeiro público.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que un acto deste tipo “vai en contra da arraigada defensa da paz e o antimilitarismo” da maioría de vigueses, ademais de ser un evento “arcaico e casposo” que estará presidido por unha “institución anacrónica, antidemocrática e corrupta, como é a monarquía”. “As Forzas Armadas, en tempos de democracia, deben estar nos cuarteis, e non marchando polas rúas (…) a paz non pode construírse con exhibicións de armamento”, apuntou.

O concelleiro do BNG esixiu ao goberno local que rectifique e que comunique ao Goberno de España o rexeitamento a esa “parada militar”. “A maior cidade de Galicia non quere non quere un acto de exaltación do militarismo”, proclamou, e pediu que o diñeiro que custará, uns 750.000 euros, destínese a axuda humanitaria para a poboación palestina.

Así mesmo, Xabier Pérez Igrexas explicou que o BNG iniciará contactos con colectivos e entidades cidadás para trasladarlles a súa mensaxe “rotunda” de oposición a este desfile e advertiu de que un acto así provocará un “caos na cidade”, á vez que cuestionou se o que busca o alcalde é “unha condecoración militar”, tras obter unha medalla da Policía Nacional.

“Resulta especialmente repugnante que esta decisión, que lembra moito aos delirios trumpistas, sexa adoptada por un goberno que se di progresista e de esquerdas. Esta decisión confirma que a dereita ultraespañolista de Vox xa ten un candidato á Alcaldía de Vigo: Abel Ramón Caballero Álvarez”, sentenciou o portavoz nacionalista.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...