InicioPolíticaAcusan ao PP do Porriño de tentar expropiar un camiño cun expediente...

Acusan ao PP do Porriño de tentar expropiar un camiño cun expediente asinado por un falecido

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE do Porriño denunciou que o PP tratou de levar a pleno unha iniciativa que incluía un expediente asinado por unha persoa que xa falecera no momento da suposta rúbrica.

Nun comunicado, os socialistas indicaron que nas pasadas comisións informativas, previas ao pleno de setembro, os ‘populares’ presentaron un punto para a expropiación dun camiño na zona de Atios. “No citado expediente constaba un documento de 24 de febreiro de 2025 no que os grupos da oposición advertimos da firma dunha persoa falecida o 31 de decembro de 2011, entre os titulares das parcelas asinantes”, indica o PSOE.

Por iso, instouse a que se retirase ese punto do pleno ata que se esclarecese o ocorrido. Con todo, o punto si entrou na convocatoria, sendo retirado durante a celebración do pleno tras rexistrar os socialistas unha petición para aclarar este feito, incluíndo un certificado de defunción da persoa asinante, que se trataría do pai dun concelleiro.

“A inclusión da firma dun falecido podería constituír falsidade documental grave, unha presunta usurpación de estado civil e viciar de nulidade todo o procedemento”, apuntou o portavoz socialista, David Alonso.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...