InicioPolíticaCaballero arremete contra Caamaño por "dicir non" á Facultade de Medicina e...

Caballero arremete contra Caamaño por “dicir non” á Facultade de Medicina e ás probas MIR en Vigo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reafirmou este xoves a posición do goberno galego de manter unha única facultade de Medicina, con docencia descentralizada en Vigo e A Coruña e apelou a "deixar á xente que está a traballar", á vez que pediu afastar este debate "do terreo emocional" para levalo á "racionalidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este xoves contra o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, a quen volveu acusar de “dicir non” a unha facultade de Medicina para a cidade olívica e de rexeitar tamén a posibilidade de que a cidade acolla probas MIR. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico afeou que non aproveitase a súa presenza na cidade para mostrar o seu apoio á facultade de Medicina porque, segundo Caballero, “é un gran contrario para que Vigo teña facultade de Medicina”.

“Segue estando na primeira metade do século XX e no século XIX, e cre que a única Facultade de Medicina ten que ser a de Santiago. Como sempre, traballando para Santiago a Xunta de Galicia e en contra de Vigo”, proclamou. Ademais, denunciou que Gómez Caamaño “quedou calado e non defendeu a Vigo” cando se expuxo que a cidade queda fóra dos exames MIR. “Quedou calado. Por que? Porque el quere que sexa de Santiago. Quere que alí sexa a única Facultade de Medicina e quere que alí sexan os exames MIR prexudicando á xente de Vigo”, constatou e engadiu: “Para que queremos a este conselleiro e para que queremos isto?”.

A XUNTA DEFENDE UNHA ÚNICA FACULTADE CON DOCENCIA DESCENTRALIZADA

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reafirmou este xoves a postura da Xunta de manter unha única facultade de Medicina en Galicia, con docencia descentralizada en Vigo e A Coruña. Durante a súa visita á sede do Plan Comunitario de Teis, en Vigo, apelou a afastar o debate do terreo emocional e local, e leváloo á “racionalidade” para garantir o mellor para os estudantes e o sistema sanitario galego.

Gómez Caamaño pediu deixar que o grupo de traballo creado para abordar a cuestión avance con calma, asegurando que os representantes das universidades, dos médicos e dos hospitais deben ser quen atopen unha solución. Recoñeceu que a decisión final recae na Xunta, pero mostrouse optimista sobre a posibilidade de alcanzar un acordo no que todos os intereses estean representados. O conselleiro tamén destacou que confía en que, se prevalece o sentido común, será posible manter unha facultade única con docencia descentralizada, e insistiu en que o acordo de 2015 segue sendo viable, só precisando desenvolvelo de forma adecuada para adaptarse ás necesidades actuais.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...