InicioPolíticaO PP de Vigo pedirá a reprobación do alcalde polo "veto arbitario"...

O PP de Vigo pedirá a reprobación do alcalde polo “veto arbitario” ás atraccións de feira

Piden tamén o cesamento da concelleira de Festas e Seguridade, Patricia Rodríguez

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Vigo rexistrou unha moción para o próximo pleno local do próximo luns, día 28 de xullo, na que pide a reprobación do alcalde, Abel Caballero, e o cesamento da concelleira de Festas e Seguridade, Patricia Rodríguez, polo “veto arbitrario e inxustificado” ás atraccións de feira nas festas da cidade.

Nun comunicado, os ‘populares’ criticaron esta “prohibición encuberta”, presentando agora esta iniciativa ante o “boicot” do goberno local a debater sobre o asunto na sesión celebrada o mes pasado, cando de forma “inxustificada” o PSOE “rexeitou a moción de urxencia” presentada polo PP.

“Fronte ao seu intento de silenciarnos coa súa maioría absoluta, desde o PP ímoslles a obrigar a dar a cara e a ofrecer as explicacións que lle deben á cidade. Porque esa é a súa obrigación, da que non poden fuxir e da que non se van a escapar”, dixo o portavoz do PP, Miguel Martín.

Para el, non se trata dunha cuestión “técnica”, por moito que “amenta o alcalde”. É, ao seu xuízo, “unha decisión política”, reivindicado que, por exemplo, estes días en Santiago están a celebrarse as Festas do Apóstolo con “total normalidade”.

Para os populares, o “veto inxustificado e arbitrario” do goberno de Caballero ás atraccións de feira chegou a pór en risco a propia celebración das festas, como ocorreu en Coia, “e en todo caso traduciuse nun importante descenso na afluencia de público, que só se deixou notar as noites de verbena nas que actuaron o Panorama ou o Combo Dominicano”.

“Alí onde as grandes orquestras non tocan ou non hai espectáculo de luces piro-musical, impúxose a tristeza e a máis absoluta desolación. Esa é a realidade e a consecuencia do desprezo co que o goberno de Caballero tratou ás comisións de festas, ás que puxo contra a espada e a parede e mantivo en albas ata o último momento tras un ano de arduo e intenso traballo”, dixo Martín.

ÚLTIMAS

Vigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen distintivo ambiental xa non poden circular por elas

O Concello de Vigo puxo en marcha este xoves as catro zonas de baixas...

Prisión para dous dos cinco detidos tras desmantelar tres “narcopisos” en Vigo

O maxistrado da praza 4 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de...

Dous anos e tres meses de prisión para o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

O home que asaltou e feriu unha taxista en Vigo aceptou dous anos e...

Cinco detidos e rexistros en tres ‘narcopisos’ nunha operación contra o tráfico de drogas en Vigo

A Policía Nacional informou de que axentes pertencentes á Udyco da Comisaría de Vigo-Redondela...