InicioPolíticaO BNG de Vigo levará unha moción reclamando a fin do "abandono"...

O BNG de Vigo levará unha moción reclamando a fin do “abandono” das instalacións deportivas municipais

O portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que o goberno local mantén esas instalacións nunha situación "calamitosa" e avanzou que a moción do seu grupo inclúe tamén a reprobación ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández pola súa "xestión nefasta"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo confirmou a presentación dunha moción para o próximo pleno na que esixe o fin do “abandono” das instalacións deportivas municipais e medidas urxentes para reparar as deficiencias que presentan, de maneira que se poida garantir a súa apertura e a atención aos usuarios.

O portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que o goberno local mantén esas instalacións nunha situación “calamitosa” e avanzou que a moción do seu grupo inclúe tamén a reprobación ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández pola súa “xestión nefasta”.

O edil nacionalista referiuse ao estado “ruinoso” das pistas de atletismo de Balaídos, á falta de iluminación no campo da ETEA, aos “problemas estruturais” de varios pavillóns, e ao peche da piscina de Teis, que se alonga xa por máis de tres anos.

Igualmente, lembrou que os ximnasios da Carmen, O Berbés e Samil sofren peches de forma continua, obrigando aos usuarios a pagar por un servizo que non gozan, o que supón “unha falta de respecto á cidadanía”.

Para Pérez Igrexas, detrás desta situación está a redución do persoal municipal no último ano e a privatización dos servizos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...