InicioPolíticaPovisa presenta finalmente a súa oferta coa sanidade pública tras ampliar o...

Povisa presenta finalmente a súa oferta coa sanidade pública tras ampliar o Sergas tres veces o prazo

Rueda avisa a Povisa que o seu nivel de asistencia "ten que ser o mesmo que a pública"

PUBLICADO O

- Advertisement -
O presidente da Xunta advertiu este luns á empresa sanitaria privada Povisa que o seu nivel de asistencia “ten que ser o mesmo que a asistencia pública”. Rueda respondeu así tras ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta sobre o acordo entre o Sergas e Povisa para a atención de pacientes da área sanitaria de Vigo.
O máximo mandatario galego defendeu este convenio porque, dixo, faise para atender a pacientes desta área que decidiron ser atendidos nun hospital privado e non no Cunqueiro. “Mentres exista ese doble sistema –a sanidade pública e concertada– pois o noso obxectivo é ofertar a mellor calidade asitencial“, dixo ao tempo que advertiu á Povisa que ten que dar a mesma asistencia sanitaria que na pública.
Pouco despois destas declaracións, o hospital Ribeira Povisa presentaba finalmente este luns a súa oferta para o novo contrato co Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a prestación de servizos sanitarios na área de Vigo. Unha oferta que chega tras tres ampliacións de prazo consecutivas, despois de que o pasado 3 de febreiro fose a data límite para que a empresa presentase a súa proposta. Con todo, solicitou en varias ocasións máis tempo, ata concedérselle tres prórrogas dunha semana cada unha, terminando a última este luns.

Foi o Sergas o que informou aos medios de comunicación de que Povisa presentou formalmente a súa oferta. Agora, a Consellería de Sanidade deberá confirmar que cumpre os pregos do contrato, “como paso previo á firma” do mesmo. “A Consellería de Sanidade traballa co obxectivo de que o novo contrato de servizo, por 195 millóns de euros e un período de dous anos, estea vixente o próximo 1 de abril”, sentenciaron desde a Xunta.

POVISA PRESENTA A SÚA OFERTA

O hospital Ribera Povisa presentou finalmente este luns a súa oferta para o novo contrato co Servizo Galego de Saúde para a prestación de servizos sanitarios na área de Vigo. Esta oferta chega tras tres ampliacións de prazo consecutivas, despois de que o pasado 3 de febreiro fose a data límite para que a empresa presentase a súa proposta. Con todo, solicitou en varias ocasións máis tempo, ata concedérselle tres prórrogas dunha semana cada unha, terminando a última este luns.

Foi o Sergas o que informou aos medios de comunicación de que Povisa presentou formalmente a súa oferta. Agora, a Consellería de Sanidade deberá confirmar que cumpre os pregos do contrato, “como paso previo á firma” do mesmo. “A Consellería de Sanidade traballa co obxectivo de que o novo contrato de servizo, por 195 millóns de euros e un período de dous anos, estea vixente o próximo 1 de abril”, sentenciaron desde a Xunta.

Todo iso despois de que a finais de ano o Goberno galego autorizase lanzar o contrato con Povisa por case 195 millóns de euros e unha vixencia inicial de dous anos. Con todo, o contrato sufriu un cambio importante: pasa de ser un concerto a un contrato de servizos, polo que debía saír a licitación e que a empresa se presentase ao proceso.

Precisamente este luns, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública de Galicia (AGDSP) acusou a Povisa de ser “un pozo sen fondo de gasto público” e un “negocio que vai de man en man de distintas multinacionais”. Nun comunicado, esta entidade lamentou que o novo contrato suporá un 16 % máis de ingresos para o hospital privado, pasando de recibir do Sergas 83,7 millóns ao ano a 97,5 millóns, a pesar de atender 8.000 persoas menos.

ÚLTIMAS

Fernando Franco: O último gran cronista da vida viguesa

Vigo quedou un pouco máis gris, un pouco menos elegante. Coa partida de Fernando...

Médicos de Atención Primaria éncerranse no centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo para esixir negociación coa Xunta

Un grupo de médicos de Atención Primaria encerrouse este luns pola tarde nas instalacións...

Sindicatos denuncian que o Sergas quere modificar sen negociación as condicións do persoal de terapias do Chuvi

A Comisión de Centro da área sanitaria de Vigo denunciou este luns que a...

Abel Caballero oponse ao proxecto de vivenda protexida da Xunta no Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, opúxose este luns ao proxecto da Xunta de...