InicioPolíticaO goberno de Vigo sobre o trazado para a nova A-52 proposto...

O goberno de Vigo sobre o trazado para a nova A-52 proposto pola oposición: “Queren un circuíto de Fórmula 1 como Ayuso en Madrid?”

Caballero insiste en que a nova A-52 entre Vigo e O Porriño é "irrenunciable" e lamenta que PP e BNG se opoñen porque se fará con gobernos socialistas en Madrid e Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo votou en contra da moción do PP, que se debateu no pleno ordinario deste luns, para estudar outro trazado “menos lesivo” da nova autovía A-52 entre a cidade e O Porriño, así como a medida alternativa de liberar a peaxe da AP-9 no mesmo tramo. A moción foi defendida pola concelleira ‘popular’ Luisa Sánchez, que subliñou que debe darse solución aos problemas de sinistralidade da actual autovía, pero que avogou por estudar un trazado alternativo, “acordado co territorio” e “co menor custo social” posible.

Ademais, denunciou a opacidade e a falta de información aos veciños afectados sobre o impacto do proxecto, que contempla un túnel entre Vigo e O Porriño, e lembrou que esta obra conta cunhas 30.000 alegacións. Pola súa banda, o BNG, que apoiou a moción dos ‘populares’, afeou, non entanto, que nin este grupo nin a Xunta de Galicia expresasen o seu rexeitamento ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que contempla non só a nova autovía, senón tamén outros viarios que “tronzan” as parroquias do rural vigués.

PP E BNG NON QUEREN A A-52 “PORQUE A FAN SÁNCHEZ E CABALLERO”

Mentres, o grupo municipal socialista defendeu o proxecto da nova autovía, fronte a unha alternativa, a de liberar ese tramo de peaxe de AP-9, que supón unha “xincana” para os condutores, con máis tempo de percorrido e menos seguridade. O portavoz do goberno local, Carlos López Font, lembrou que, precisamente, a autoestrada segue sendo de peaxe porque o PP prorrogou a concesión e proclamou que a nova A-52 é “imprescindible” para Vigo. “Non lles dá vergoña propor un percorrido de 20 kilometros fronte a 6,1 quilómetros, e un tempo de 18 minutos fronte a 4 minutos? Volvéronse tolos ou queren un circuíto de Fórmula 1 como Ayuso en Madrid?”, cuestionou o edil socialista.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola súa banda, tamén defendeu esta obra, que responde a unha demanda “irrenunciable” da cidade “desde hai 30 anos” e concluíu que, en realidade, nin PP nin BNG queren que se faga “porque a fai Pedro Sánchez como presidente de España e Abel Caballero como alcalde de Vigo”. O rexedor insistiu en que tanto o Goberno central como o municipal van estar “á beira dos afectados”, e advertiu a ‘populares’ e nacionalistas de que “teñen a toda a cidade enfronte” ao oporse a esta obra. “É un inmenso erro (…), van ter moi mal resultado nas próximas eleccións municipais”, advertiulles Caballero.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...