InicioPolíticaA Xunta ve "incrible" que se cuestione a titularidade do antigo edificio...

A Xunta ve “incrible” que se cuestione a titularidade do antigo edificio dos xulgados

Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o edificio foi traspasado por parte do Goberno central á Xunta "hai máis de 30 anos", polo que está inscrito no Rexistro de Bens do Executivo autonómico, que é quen paga "relixiosamente" o Imposto de Bens Inmobles (IBI) desde hai 30 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, ve “incrible” que se poida cuestionar a titularidade dun dos edificios dos antigos xulgados de Vigo e pediu ao Concello “sentido común” e que acepte as alegacións presentadas pola Xunta de Galicia. Así o sinalou ante os medios de comunicación este mércores na cidade olívica tras ser preguntado pola decisión do goberno local de suspender preventivamente a licenza outorgada para reformar o inmoble, situado no número 4 da rúa Lalín, no que se prevé crear un centro para asociacións e entidades sociais.

Segundo explicou, o edificio foi traspasado por parte do Goberno central á Xunta “hai máis de 30 anos”, polo que está inscrito no Rexistro de Bens do Executivo autonómico, que é quen paga “relixiosamente” o Imposto de Bens Inmobles (IBI) desde hai 30 anos e quen “cada vez que hai un problema” soluciónao. Ademais, lembrou que desde que abriron os novos xulgados de Vigo, a Xunta traballa para darlle unha nova vida ao edificio e que así as asociacións da cidade teñan un espazo “que demandan desde hai tempo”. Tras presentar o proxecto e dispor da licenza de obra, agora o Concello suspéndea. “Non é de recibo tentar paralizar investimentos importantes na cidade”, reivindicou Calvo, que pediu ao Concello que “rectifique” para que o proxecto, que suporá un investimento duns 24 millóns de euros, poida saír adiante.

ÚLTIMAS

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...