InicioPolíticaO PP de Vigo ve "bochornoso" que Caballero "non dese" explicacións tras...

O PP de Vigo ve “bochornoso” que Caballero “non dese” explicacións tras a sentenza do contrato de Guns N’ Roses

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal do PP de Vigo, Miguel Martín, cualificou de “bochornoso” que o alcalde, Abel Caballero, “non dese nin unha soa explicación” tras a sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo que condena ao Consistorio a pagar uns 2 millóns de euros á promotora do concerto de Guns N’ Roses (que tivo lugar en xuño de 2023).

“A contundente sentenza xudicial confirma que o escándalo do patrocinio do concerto de Guns N’ Roses comezou con el reuníndose coa promotora na Alcaldía o 20 de outubro de 2022 antes, por tanto, de que se sacase a concurso aberto a contratación do evento”, criticou Martín este sábado nun comunicado.

A continuación, afeou que o alcalde non comparecese en rolda de prensa e “nin sequera quixo” que o fixesen os dous concelleiros implicados no caso, que “xa deberían dimitir”.

Neste sentido, incidiu en que “o único que fixo” o goberno local foi enviar “un audio enlatado” do portavoz no que “apenas se di o que publicaron nun comunicado de prensa do pasado xoves”.

ÚLTIMAS

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...