InicioPolíticaO PP de Vigo critica a "dobre moral" de Caballero, por manifestarse...

O PP de Vigo critica a “dobre moral” de Caballero, por manifestarse pola sanidade pública e “privatizar o Cedro”

O concelleiro 'popular' Fernando González Abeijón asegurou que o rexedor adxudicará este venres a unha empresa privada a xestión do Centro Municipal Asistencial de Drogodependencias, a pesar de manifestarse este xoves na protesta de SOS Sanidade Pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Vigo criticou a “dobre moral” do alcalde, Abel Caballero, “que se manifesta polas rúas da cidade asegurando defender a sanidade pública mentres privatiza o servizo sanitario de Cedro”. Nun comunicado, o concelleiro ‘popular’ Fernando González Abeijón asegurou que o rexedor adxudicará este venres a unha empresa privada a xestión do Centro Municipal Asistencial de Drogodependencias, a pesar de manifestarse este xoves na protesta de SOS Sanidade Pública.

Para Abeijón, este modo de proceder é “como mínimo contraditorio”. “Caballero esixe aos demais que xestionen os seus servizos desde o público, pero el avoga por privatizar os que dependen do Concello. Esta é a dobre moral do alcalde socialista de Vigo: ‘Fai o que digo e non o que fago’“, engadiu. Ademais, indicou que o goberno local prevé adxudicar o servizo de Cedro á empresa Eulen. “Esa de a que tanto fala o PSdeG, que critica que a Xunta lle conceda servizos a esta firma mentres o alcalde socialista de Vigo outórgalle un contrato cun valor estimado de 1,7 millóns de euros”, sinalou.

González Abeijón tamén remarcou que o Executivo autonómico quere integrar Cedro na rede do Servizo Galego de Saúde (Sergas), “como servizo sanitario que é, non só en Vigo, senón en todo o territorio autonómico”. Con todo, a transferencia da xestión está “paralizada” na Federación Galega de Municipios e Provincias, presidida polo PSdeG. Por último, o PP afeou a Caballero que “se lle encha a boca falando da educación pública”, pero que este venres vaia a aprobar unha prórroga do contrato de xestión privatizada da escola infantil de Navia. “Nove escolas infantís que hai en Vigo e as nove están privatiozadas”, sentenciou.

“BOCHORNOSAS DECLARACIÓNS”

Ante estas críticas, a concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo, Yolanda Aguiar, saíu ao paso tachando de “bochornosas” as declaracións dos ‘populares’, asegurando que Cedro é un servizo “asistencial” que, ao seu xuízo, “hai anos debería estar integrado na sanidade pública”. “O Concello de Vigo sufraga máis de 1,3 millóns de euros en soster un servizo asistencial que debería estar integrado no Sergas desde hai anos, porque se están vulnerando os dereitos dos pacientes”, reivindicou.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...