InicioPolíticaCaballero afea a inexecución de fondos europeos da Xunta: "Que nolos envíen...

Caballero afea a inexecución de fondos europeos da Xunta: “Que nolos envíen a Vigo, que executamos marabillosamente”

O PP lembra ao alcalde que o seu goberno tivo que devolver máis dun millón en axudas europeas por proxectos que non executou.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta a súa inexecución de fondos da UE, que tachou de “catastrófica” e propuxo ao goberno galego que envíe os fondos á cidade, onde se executan esas axudas “marabillosamente”. Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor constatou que o Consello de Contas “reprechou severamente” ao goberno autonómico que “non executou nin o 50 %” dos fondos europeos provintes do Goberno de España e subliñou que “é bo facer a comparación con Vigo”. Nese sentido, Abel Caballero asegurou que o goberno que dirixe ten “comprometidos” o 90 % dos fondos europeos co gasto asegurado ata decembro.
“Imos chegar a decembro con practicamente o cento por cento. A Xunta o 50 % e o goberno de Vigo o cento por cento”, proclamou. Tras apuntar que a Xunta é “incapaz” de executar eses recursos, o alcalde expuxo: “Que nolos envíen a Vigo, que comprometemos e executamos marabillosamente ben en favor dos cidadáns, e de paso, páganos unha parte da débeda da Xunta con Vigo, que é máis de 3.000 millóns”. “Nós somos eficientes, facemos ramplas, ascensores, humanizacións, estadios de fútbol, facemos de todo e a Xunta non é capaz. Non quere mandalos a Vigo (eses fondos) porque os deixamos en evidencia, porque executamos a enorme velocidade e para ben dos cidadáns”, sentenciou Caballero.

- Advertisement -

MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS DEVOLTOS

Antes as manifestacións do alcalde, o grupo municipal do PP saíu ao paso lembrando que a Xunta de goberno local de Vigo aprobou a devolución de axudas europeas por máis dun millón de euros, por proxectos que non se chegaron a executar (nin a iniciar). O portavoz do grupo ‘popular’, Miguel Martín, censurou o “relato falsario” de Abel Caballero, a quen advertiu de que “porque repita unha mentira mil veces non se vai a converter en verdade, por moi Caballero que sexa”.

Martín subliñou que o goberno de Vigo tivo que devolver uns 700.000 euros de fondos da UE para a reforma do mercado de Teis, sen aclarar aínda que vai pasar con esa obra; igualmente, tivo que devolver 360.000 euros destinados, entre outras iniciativas, a crear unha plataforma de comercio dixital “que ía bater a Amazon” (en palabras do propio rexedor); ou outros 250.000 euros para a reforma de dous parques infantís.

“É esa a eficiencia de Caballero? Para iso quere apropiarse do diñeiro doutros?”, preguntou o portavoz do PP, antes de esixir a Caballero “non confundir á opinión pública”, porque “non é o mesmo” un proxecto de execución plurianual no que non se gastou todo o diñeiro pero hai marxe para facelo, que “a non execución en prazo, que é o que lle pasou ao seu goberno”. “A Xunta xa enviou un informe a Contas para aclaralo, faltan agora as explicacións do alcalde sobre o catro proxectos que quedaron sen financiamento europeo pola súa magnífica eficiencia”, ironizou.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...